MOSTEIRO, CARLOS
Esta novela conta a iniciación no amor e na dor dunha rapaza de catorce anos que, ademais, vén de facer un descubrimento terrible sobre si mesma. O mundo creado por Mosteiro nesta narración céntrase nun triángulo amoroso arredor do cal circulan personaxes moi variopintos. Irene caerá no abismo da tristeza e a confusión, pero tamén será capaz de sair á luz e respirar un aire novo.