CABANA YANES, DARIO XOHAN
Esta antoloxía recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas. Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, que releron os poemas do autor chairego sen perder da vista os destinatarios finais: todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aqueloutros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados.