MESTRES MORTOS DAQUEL VERAN, OS

MESTRES MORTOS DAQUEL VERAN, OS

DE GABRIEL, NARCISO

24,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-9151-969-0
Páxinas:
248
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
MEMORIA HISTORICA
24,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle (Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada, Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá.
A memoria debe ser o clamor que enterre definitivamente o silencio sobre os mortos.

Artigos relacionados

  • ASOCIACIONISMO GALEGO EN AMERICA
    LOUREIRO RODRIGUEZ, CARLOS
    Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico. A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa carib...
    Dispoñible

    22,40 €

  • ROTSPANIER. UN MILICIANO GALEGO NO EXILIO FRANCES 1939-1945
    GALAN, JUAN
    Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pireneos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a...
    Dispoñible

    24,00 €

  • DITADURA PORTUGUESA CONTRA CASTELAO, A
    IGLESIAS MIRA, ANTONIO
    En 1969 estoura a Crise Académica en Coímbra, que enfronta a estudantes coa ditadura. Meses antes, o director catalán, Ricard Salvat, chegara á cidade universitaria coa tarefa de dirixir o grupo de teatro CITAC.Comezou entón un traballo que mesturaría as teorías de Bertolt Brecht coa figura de Castelao e a arte de Seoane e Díaz Pardo, nun ambiente tenso, onde a ditadura acabarí...
    Dispoñible

    23,40 €

  • CORRESPONDENCIA 1965-2014 ( XESUS ALONSO MONTERO - XOSE NEIRA VILAS
    ALONSO MONTERO, XESUS - NEIRA VILAS, XOSE
    A través destas cartas, entre Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, cheas de erudición lingüística, con especial interese das redactadas por Neira Vilas desde A Habana, complementarias de conversas persoais entre os dous autores, ofrécese mostra da intensa relación que houbo entre eles, de par que se amosa moito do pensamento de Neira sobre o marxismo e a r...
    Dispoñible

    35,95 €

  • CARLOS NUÑEZ, O COMUNISTA QUE NON FOI GAITEIRO
    CONDE, PERFECTO
    Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde ...
    Dispoñible

    25,15 €

  • PRACTICANTE RURAL, O
    RUBIA, XOAN
    Xoán Rubia, máis coñecido pola súa faceta musical, achéganos en O practicante rural as lembranzas da súa traxectoria profesional en que se enmarcou a súa vida fóra dos escenarios, “onde calquera parecido coa realidade non é pura coincidencia”. Un traballo, pouco valorado e menos recoñecido, dos profesionais que foron o primeiro elo da cadea da sanidade pública, hoxe en perigo.Q...
    Dispoñible

    24,00 €

Outros libros do autor