MISS ANTROPIA

MISS ANTROPIA

CASTRO PAREDES, FERNANDO

18,25 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-1176-019-5
Páxinas:
272
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
18,25 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro.
A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo. Calquera cousa que permita fuxir dos erros do pasado e reconstruír unha existencia feita anacos. Pero a vida da rapaza non cambia. A mesma soidade. A mesma rabia.
De pronto, na nova casa, os soños de Noe comezan a poboarse de persoas ás que non coñece, de mortos, de situacións violentas que non acaba de entender. Emprenderá unha investigación para dilucidar se hai algo de real neses soños ou se dunha vez por todas se volveu tola, como moitos lle din que está.
O que descubrirá será algo terrible, que a cambiará para sempre e que a axudará a atopar o seu lugar no mundo.

Artigos relacionados

  • LOBISHOME DE CANDEAN, O
    CARBALLEIRA, PAULA
    Nestes tempos en que za non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes. ...
    Dispoñible

    14,90 €

  • MEIGAS
    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van x...
    Dispoñible

    15,50 €

  • ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zouóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocacións, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto...
    Dispoñible

    13,30 €

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,80 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,90 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo, Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. ...
    Dispoñible

    15,50 €

Outros libros do autor

  • LANZADOR DE COITELOS, O (PREMIO GALAXIA 75 ANOS. PREMIO DA CRITICA ESPAÑOLA DE NARRATIVA GALEGA 2025
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Premio Galaxia 75 anos.Premio da crítica española de narrativa galega 2025Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado.Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller mái...
    Dispoñible

    23,20 €

  • DERRADEIRA BALA, A (I C.T.TEATRAIS-PREMIO R.V.BOLAÑO)
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    I CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2018Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciano e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño. Botando man da tra...
    Dispoñible

    12,95 €

  • ENTOMOLOXIA PARA MISIONEIROS (PREMIO GARCIA BARROS 2023)
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    PREMIO GARCÍA BARROS 2023O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para loca...
    Dispoñible

    22,50 €

  • PAPIROFLEXIA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Dispoñible

    14,30 €