CHAO REGO, XOSE
Orixe do lume
Afirma a nosa lenda: O lume estaba no sol, pero ninguén ousaba subir para traelo á terra. Un paxariño con espírito de servicio, o paporrubio, ofreceuse a ir.
O sol advertiulle do perigo de se queimar e perde-la viaxe; cando o paporrubio volvía co fachico no seu peteiro, ardéronlle as plumas do peito e da gorxa. Por iso leva esa cor no papo: lume no peito.