MURUROA

MURUROA

MARTIN, MIGUEL

17,45 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-1176-127-7
Páxinas:
258
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
17,45 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Mururoa é unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias que nos afectan no máis profundo do noso ser coma se fosen a explosión dunha bomba atómica.
Unha rapaza, Iria, desaparece sen rastro ningún, pero deixa un profundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende que significa a palabra “amor” logo dunha vida en que cada quen ía ao seu. A desaparición da moza levará a todos a reflexionar sobre os seus sentimentos e a dependencia que temos cos que nos rodean. Ao tempo, algo pasa na vila, que tronza o cotián e que lembra ás xentes do lugar a nosa vulnerabilidade máis absoluta fronte a unha falsa sensación de protección.

Artigos relacionados

  • LOBISHOME DE CANDEAN, O
    CARBALLEIRA, PAULA
    Nestes tempos en que za non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes. ...
    Dispoñible

    14,90 €

  • MEIGAS
    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van x...
    Dispoñible

    15,50 €

  • ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zouóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocacións, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto...
    Dispoñible

    13,30 €

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,80 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,90 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo, Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. ...
    Dispoñible

    15,50 €