REGAL LEDO, MANUEL
En Na soleira do deus da vida atopará quen o lea pregarias e materiais para coidar o seguimento de Xesús no día a día. Máis curtos ou máis longos, sempre con algo de poesía humilede, os textos ofrecidos para a oración e a reflexión persoal e grupal colócannos ante un Deus que, á súa vez, se nos manifesta tal querendo estar ao pé de nós, contaxiándonos de paz, rebeldía, quentura e paixón.