Narrativa galego / NOITE DO MOUCHO, A

NOITE DO MOUCHO, A

NOITE DO MOUCHO, A

REI BALLESTEROS, ANXO A.

15,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2010
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9865-240-6
Páxinas:
120
Colección:
BIBLIOTECA A.REI BALLESTEROS
15,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.
Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle.
Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.
Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.

Artigos relacionados

  • ÁLBUM DE GARRINCHA, O
    MACEDA ABELEIRA, BEATRIZ
    Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • LEI DAS ÁNIMAS, A. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA
    G.REIGOSA, CARLOS
    O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga si...
    Dispoñible

    20,55 €

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

Outros libros do autor

  • NON SEI CANDO NOS VEREMOS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Na obra narrativa de Anxo A. Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952) conviven o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador e o tempo como destrutor, a linguaxe literaria e a lingua oral. ...
    Dispoñible

    21,15 €

  • TEMPO E VINGANZA (II PREMIO RAMON PIÑEIRO 2002)
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Unha análise orixinal e audaz sobre a concepción do tempo na modernidade a través do Hamlet de Shakespeare.Rei Ballesteros achégase a Hamlet, e faino cunha visión moi persoal á vez que extremadamente rigorosa, interpretándoo como síntoma e expresión da nova concepción do tempo e da vida, concepción que separou a sociedade e a cultura tradicional dun mundo no que a medición e o ...
    Dispoñible

    24,80 €

  • DIFICULTADE DE FALAR, A. ARTIGOS E ENSAIOS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Dispoñible

    21,40 €

  • DEZANOVE BADALADAS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Dispoñible

    20,60 €

  • SOMBRA DOS TEUS SOÑOS, A
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Dispoñible

    17,50 €

  • DOS ANXOS E DOS MORTOS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    Dispoñible

    17,90 €