ANDERSCH, ALFRED
O PAI DUN ASASINO é unha historia baseada en feitos reais. Un dos seus protagonistas é o profesor Himmler, pai do futuro dirixente nazi organizador do xenocidio xudeo. O relato desenvólvese nun colexio de Munich durante unha hora de clase de grego na que interrompe o vello Himmler, establecendo con varios alumnos un pulso malvado e cruel. O narrador, que comeza sendo un anónimo e atento observador da violencia psíquica e moral que se vai apoderando da aula, acaba convertíndose na súa principal víctima. O proceso é transformado en literatura por Alfred Andersch cun estilo directo, vivo e meticuloso que consigue facer partícipe ó lector do aprobio e a humillación experimentada polos alumnos desta escola na Baviera que comezaba a asistir, impasible, ó ascenso ó poder dos nacional-socialistas.