SEOANE, XAVIER
Este novo libro, Presencias, que leva o subtítulo de A saudade do corredor de fondo, estructúrase en catro partes perfectamente delimitadas e ben definidas. Na primeira, unha serie de presencias amigas acompañan ó corredor no seu camiño. Na segunda, son outros pretextos, que van desde os anxos de Leonardo ata as naturezas mortas de Braque, os que lle sirven de obxecto de digresión poética. Finalmente, as partes terceira e cuarta son dous longos poemas de estructura complexa, nos que se unen o desamparo do noso tempo, o escenario finisterrano e un viaxe polo civilización actual.