PORTO UCHA, A.SERAFÍN / VÁZQUEZ RAMIL, RAQUEL
Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil achegan neste traballo valiosas informacións para o coñecemento dos procesos de formación docente do maxisterio primario, co que contribúen á recuperación da memoria do maxisterio pontevedrés nos anos da Segunda República, da Guerra Civil e da posguerra, de par que inciden en varias cuestións fundamentais: a represión e a depuración do Maxisterio na provincia de Pontevedra e a súa análise na prensa periódica, caso do xornal A Peneira, onde os afectados non foron só os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos e as súas relacións máis ou menos extensas.