DURAN, XOSE
ROBERTO BLANCO TORRES XORNALISTA E POETA é unha amena e sinxela biografía do escritor conmemorado no Día das Letras Galegas de 1999. Nun estilo narrtivo e non exento de emotividade, Xosé Durán afonda na traxectoria vital de Blanco Torres, na súa personalidade e nas circunstancias humanas e históricas que lle tocou vivir e nas que tivo que desenvolver o seu traballo como xornalista e escritor, prematuramente truncado pola violencia sinrazón.