SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE

SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE

CASTELAO

22,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-415-5
Páxinas:
304
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BIBLIOTECA 75 ANOS
22,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

O volume que aquí se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o Día das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento político do rianxeiro, que na primeira aparecía de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitacións impostas polo franquismo.
Nesta cinguímonos a un único título, Sempre en Galiza, un conxunto de textos de distinto carácter producidos en circunstancias diferentes e dirixidos a públicos diversos.
Os elementos que dan unidade á obra son o fondo ideolóxico que a atravesa e a intención de informar da defensa do carácter nacional de Galicia e do seu dereito ao autogoberno.
Sempre en Galiza é unha obra de lectura ardua nalgunhas partes para o público non especialista, pero que calquera galego ou galega cun mínimo de inquedanza cultural debe coñecer. Polo tanto, na presente escolma, realizada por Henrique Monteagudo, director da Cátedra Institucional Castelao da USC, procúrase ofrecer unha imaxe fiel da obra para achegala a un público amplo, facilitando a súa comprensión e alixeirándoa de contados redundantes, secundarios ou de interese menor.

Artigos relacionados

  • SEMPRE EN GALIZA (BC)
    CASTELAO
    2025 ano Castelao.O libro é o símbolo da cultura. Tamén da identidade nacional. Sempre en Galiza é o libro que mellor representa o país e a cultura galega, os nosos anceios como nación. A nosa esencia, a nosa historia, unha maneira de situarse a carón das outras culturas, en igualdade co resto dos pobos. Publicado por primeira vez no exilio (1944), Castelao puxo neste texto tod...
    Dispoñible

    25,00 €

  • MENOS QUE HUMANO
    DAZAI, OSAMU
    Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de c...
    Dispoñible

    16,00 €

  • CRANFORD
    GASKELL, ELIZABETH
    Cranford é a obra máis popular de Elizabeth Gaskell. A través da figura de tres irmás solteiras, asistimos aos pequenos e grandes acontecementos da vila: matrimonios, mortes, estreiteces económicas… Un fráxil microcosmos rural que as grandes mudanzas sociais da Revolución Industrial estaban a transformar axiña para pasmo dos seus veciños.A paisaxe, a ambientación, o humor e a i...
    Dispoñible

    20,50 €

  • TRES MULLERES
    ZWEIG, STEFAN
    A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • CASTELOS DE ATHLIN E DUNBAYNE, OS
    RADCLIFFE, ANN
    Os castelos de Athlin e Dunbayne (1789) é unha das obras aurorais da novela gótica. Ambientada nas Highlands escocesas, o relato mergúllanos nunha intensa historia de amores, crimes, traizóns e vinganzas onde a procura da honra, a nobreza dos sentimentos e a rectitude no obrar constitúen os esteos dun mundo de valores medieval que alcanza, aquí, unha das súas máximas expresións...
    Dispoñible

    17,25 €

  • INDIANA
    SAND, GEORGE
    Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX.A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e in...
    Dispoñible

    24,00 €

Outros libros do autor

  • SEMPRE EN GALIZA (BC)
    CASTELAO
    2025 ano Castelao.O libro é o símbolo da cultura. Tamén da identidade nacional. Sempre en Galiza é o libro que mellor representa o país e a cultura galega, os nosos anceios como nación. A nosa esencia, a nosa historia, unha maneira de situarse a carón das outras culturas, en igualdade co resto dos pobos. Publicado por primeira vez no exilio (1944), Castelao puxo neste texto tod...
    Dispoñible

    25,00 €

  • CASTELAO PINTOR
    CASTELAO
    EDICIÓN E LIMIAR MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANEEPÍLOGO JOSÉ MANUEL B. LÓPEZ VÁZQUEZA historia do Castelao pintor é parella á do debuxante e caricaturista. O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos se...
    Dispoñible

    24,00 €

  • VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, OS (BC)
    CASTELAO
    Unha das pezas máis populares do teatro galego é Os vellos non deben de namorarse. Estreouso en Bos aires no ano 1941 e, desde aquela, non deixa de representarse. En verbar do autor, esta farsa é froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. Escrita "para regalía do pobo galego", Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950) deu...
    Dispoñible

    16,85 €

  • DOUS DE SEMPRE, OS (BC)
    CASTELAO
    Os dous de sempre conta a historia de Pedriño e Rañolas, personaxes que xa forman parte do herdo literario galego e representan maneiras opostas de afrontar a vida. Publicada en 1934, a novela destaca polo alento humorístico coa que está escrita e pola simpatía que ambos protagonistas chegan a suscitar no lector. Unha metáfora universal inspirada na visión crítica do pobo galeg...
    Dispoñible

    19,10 €

  • CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA, A
    CASTELAO
    Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns.Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Bretaña, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características dese país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántic...
    Dispoñible

    24,70 €

  • RETRINCOS. UN OLLO DE VIDRO (BC)
    CASTELAO
    Prosa estilizada e sensible nalgunhas das pezas máis significativas da narrativa galega.Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha...
    Dispoñible

    15,80 €