SON COMA GLACIARES OS BARCOS DE ACEIRO (PREMIO LOSADA DIEGUEZ DE CREACION LITERARIA 2026)

SON COMA GLACIARES OS BARCOS DE ACEIRO (PREMIO LOSADA DIEGUEZ DE CREACION LITERARIA 2026)

MENENDEZ, CYNTHIA

19,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-367-7
Páxinas:
210
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA RONSEL
19,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.
Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa.
Unha ofrenda ao Vigo todo azul, coma os uniformes dos traballadores, coma o ceo de día sobre a ría, coma o ceo de noite por riba dos guindastres, azul coma a lealdade, o compromiso, a nostalxia, a morriña; coma a saudade; azul coma o frío, as baleas baixo a auga azul, coma a tinta, coma o Celta, coma as revoltas obreiras. Coma os glaciares.

Artigos relacionados

  • DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
    RUVIRA, SOFÍA
    Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
    Dispoñible

    18,80 €

  • APAPACHOA. O CAMIÑO DE SANTIAGO COMO EXPERIENCIA CIMA (PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
    GARCÍA JIMÉNEZ, ENRIQUE
    A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...
    Dispoñible

    17,50 €

  • HUMIDADES, AS (FINALISTA PREMIO ILLA NOVA 2025)
    TOMÉ, ALBA
    A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza s...
    Dispoñible

    22,60 €

  • BUSCANDO A DALIA
    FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Hai un cadáver cun versículo na boca e aparencia de crime ritual. Nese macabro contexto desaparece a investigadora Dalia Maxino cando traballa no caso, e Frank Soutelo pasa á acción coa axuda do sarxento da policía municipal, Franeiras, e o antigo garda civil, Poncio. Todo se complica coa aparición doutro cadáver e a sospeita de que Dalia non sexa a única muller desaparecida. A...
    Dispoñible

    21,50 €

  • PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025. PREMIO FOLLAS NOVAS 2026 Á OBRA DE NARRATIVA)
    PALLARES VILAR, NEREA
    Premio García Barros 2025Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo...
    Dispoñible

    17,35 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Desde a editorial queremos promover unha campaña de prevenda deste libro en todas as librerías que teñen o servizo de novidades, pola que Galaxia asumiría un 5% a maiores en todos os pedidos que reciba entre o 10 de decembro e o 21 de xaneiro.Estes pedidos teñen que ser en firme, ou sexa, non terán dereito a devolución.Se é do voso interese, só tedes que poñer a vosa campaña a ...
    Dispoñible

    21,40 €