OTERO, DAVID
A VIDA DE RAFAEL DIESTE expón con claridade, amenidade e concisión a biografía de Rafael Dieste, o gran escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1995. Dirixido a un publico de idades comprendidas entre o 10 e os 16 anos, este libro pretende facer asequible para os rapaces novos a vida e a traxectoria literaria dun escritor que xa figura por méritos propios entre o mellor da literatua galega do noso século. David Otero, bo coñecedor do mundo xuvenil, consegue con A vida de Rafael Dieste converter unha materia de estudio nun motivo para a curiosidade e o interese pol lectura.