Narrativa galego / 1Q84. LIBRO 3

1Q84. LIBRO 3

1Q84. LIBRO 3

MURAKAMI, HARUKI

24,75 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2011
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9865-389-2
Páxinas:
532
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
24,75 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo
Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos
e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa.
Con motivo da publicación de 1Q84 Libros 1 e 2 en Francia, a novelista Amélie Nothomb, autora de Un nome de dicionario (Galaxia, 2003), escribiu no xornal Le Monde: "Haruki Murakami crea universos dos que unha queda prsioneira. O autor convida [...] a que os lectores poñan toda a súa atención nos elementos máis pequenos da narración para que cada un deles xogue o papel de interface. Pois o miolo da literatura de Murakami é ese: establecer conexións entre o noso mundo e outro universo [...] Outra volta, o encantamento funciona: quedamos absortos nunha lectura que ten un aquel de manga e de ucronía mais tamén, e sobre todo, quedamos engaiolados por unha atmosfera que só pertence a Haruki Murakami."

Artigos relacionados

  • TONECHO DE REBORDECHAO (V PREMIO RAIÑA LUPA 2004)
    RIVEIRO VAZQUEZ, BREOGAN
    PREMIO RAÍÑA LUPA 2004As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea.Rebordechao é unha aldea que queda alá por... chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el. ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • AMIGOS EN TEMPO REAL
    ALVAREZ, RAMIRO J.
    A amizade e sinceridade nun mundo con cambios causados polos novos medios son os grandes temas desta primeira novela xuvenil de Ramiro J. Álvarez, autor de varios libros de psicoloxía.Antón e os seus amigos xogan na praza que hai no seu barrio. Ao outro lado do océano, en México, Gloria María non ten con quen xogar; unha noite entra nun chat de internet e empeza a falar cun rap...
    Dispoñible

    12,75 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporáneaO que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén m...
    Dispoñible

    14,40 €

  • LOURENÇO, XOGRAR (PREMIO GARCIA BARROS 2015)
    PORTAS, MANUEL
    Premio García Barros 2015Nova edición. Inclúe as cantigas de xograr Lourenço.Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en ...
    Dispoñible

    23,20 €

  • LIBROS PRESTADOS, OS
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Para o autor non se trata de saber se os libros nos fan libres ou se, pola contra, son unha condena, o importante son as historias que, sen estar contadas neles, os libros nos obrigan a vivir.Os protagonistas dos catro relatos de Os libros prestados non son os libros, senón os lectores. O que agochan as vidas dos que len. A historia dun catedrático de literatura que sobreviviu ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFE
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumen nun único e engaiolador libro.Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: e...
    Dispoñible

    16,45 €

Outros libros do autor

  • 1Q84. LIBROS 1 E 2
    MURAKAMI, HARUKI
    Un dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir.Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela a...
    Dispoñible

    28,15 €

  • DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER
    MURAKAMI, HARUKI
    Dispoñible

    19,90 €

  • TRAS DO SOLPOR
    MURAKAMI, HARUKI
    Dispoñible

    19,50 €