Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : LITERARIA

482 resultados

  • HOME QUE MATOU A ANTIA MORGADE, O
    PORTABALES, ARANTZA
    Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses com...
    Dispoñible

    21,40 €

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • LOVERS
    PORTEIRO, MARIA XOSE / AVENDAÑO, ALBERTO
    Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros… e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias. Nunha xeografía de peripecias vitais que abran...
    Dispoñible

    19,00 €

  • ELAS DUAS (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2025)
    REI NUÑEZ, LUIS
    Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.Estamos na Galicia de 1950. África Brea vén dun lugar...
    Dispoñible

    22,80 €

  • MULLER DE MENTIRA, A
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.Premio Garcí...
    Dispoñible

    16,50 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
    Dispoñible

    19,50 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Desde a editorial queremos promover unha campaña de prevenda deste libro en todas as librerías que teñen o servizo de novidades, pola que Galaxia asumiría un 5% a maiores en todos os pedidos que reciba entre o 10 de decembro e o 21 de xaneiro.Estes pedidos teñen que ser en firme, ou sexa, non terán dereito a devolución.Se é do voso interese, só tedes que poñer a vosa campaña a ...
    Dispoñible

    21,40 €

  • INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFE
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumen nun único e engaiolador libro.Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: e...
    Dispoñible

    16,45 €

  • PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025. PREMIO FOLLAS NOVAS 2026 Á OBRA DE NARRATIVA)
    PALLARES VILAR, NEREA
    Premio García Barros 2025Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo...
    Dispoñible

    17,35 €

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos. Na torre da illa de Toralla,...
    Dispoñible

    22,50 €

  • CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive c...
    Dispoñible

    23,00 €

  • FUTURO IMPERFECTO
    ALONSO DIAZ, XULIA
    Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é ...
    Dispoñible

    20,95 €

  • MEMORIAS DUNHA TERRA
    CASTROVIEJO, XOSE MARIA
    Memorias dunha terra (1973) é unha colección de relatos que recollen as lembranzas dun escritor xa maduro, que, desde a altura dos anos, evoca con melancolía, pero sen amargura, o tempo feliz da nenez e a primeira mocidade.Escritos cunha prosa brillante e de gran plasticidade, elaborados con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tran...
    Dispoñible

    16,90 €

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    26,10 €

  • MAZARELOS
    PORTAS, MANUEL
    Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...
    Dispoñible

    22,00 €

  • ASASINATO NO MUIÑO DO CURA
    PORTABALES, ARANTZA
    Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñ...
    Dispoñible

    21,80 €

  • TECENDO REDES ( IV PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2023)
    REGA JUL, IRENE
    IV Premio de novela Vilar Ponte 2022Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpeto todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e ...
    Dispoñible

    21,05 €

  • NOIVA CUANTICA, A
    CABIDO, CID
    Nas rúas da cidade de San Francisco xa non hai xente amable con flores no cabelo, como dicía aquela vella canción. Malia sabelo ben, Paul Rothko aventúrase nun estraño traballo como acompañante de singles contratado pola axencia Good Friend. Seguímolo durante os seus excepcionais servizos, vémolo pasar dunha clienta a outra e mesmo facerse cargo dunha nena de sete anos con máis...
    Dispoñible

    21,50 €

  • PERO...COMO MORREN AS PEGAS? (V PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2023)
    M. GUZMAN, OSCAR
    V Premio de Novela Vilar Ponte 2023Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto.Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inef...
    Dispoñible

    21,05 €

  • SENLLEIRAS (II PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2018)
    YAÑEZ RODRIGUEZ, ANTIA
    PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018A novela das mulleres que rachan co silencio.Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estri...
    Dispoñible

    24,00 €

  • PERDER O NORTE (IX PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2025)
    QUIROGA, MARIA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    Dispoñible

    19,00 €

  • ORELLA NO BURACO, A
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea.Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade do momento, o que a converte nunha da...
    Dispoñible

    14,60 €

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • ADIOS MARIA
    TORRES, XOHANA
    Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.O retrato dun tempo que xa non é. Pero que explica quen somos. María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos u...
    Dispoñible

    22,30 €

  • BOCAS COSIDAS, AS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, “desbrid...
    Dispoñible

    24,00 €

  • NO RECANTO DAS HORAS
    CARRO, XAVIER
    Xavier Carro sempre se sentiu vinculado espiritualmente coa súa cidade, Santiago de Compostela, da que nunca marchou e á que fixo protagonista dos seus contos, como en No recanto das horas, onde as rutinas, igual que as solemnes badaladas dos sinos da catedral, marcan a vida dos variados personaxes destes relatos: un filosofo peripatético, a Patacona, o anano de Conxo, un filós...
    Dispoñible

    19,20 €

  • CONTOS GRINGOS
    DOPAZO RUIBAL, LARA
    Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío.Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos. ...
    Dispoñible

    16,85 €

  • CERVEXA CHANG, UNHA
    PORTAS, MANUEL
    Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia. Para que non nos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal e económica, acentuada por un escuro asunto fraudulento do que foi vítima, decide aproveitar as vacacións de Nadal p...
    Dispoñible

    20,55 €

  • VOOS DIARIOS
    G.TRIGO, XOSE MANUEL
    Dicía Gregorio Marañón - médico moi afeccionado ao xénero- que a lectura dun diario literario sempre inspira un diagnóstico freudiano: un autor edípico ("apaixoado pola súa nai", dicía don Gregorio), un autor onanista, un autor con complexo de Peter Pan, un autor fetichista, narcisista...Por iso os diaristas ocultan con frecuencia o seu pecado. Tolstoi, por poñer un caso, agach...
    Dispoñible

    15,90 €