CALLON, CARLOS
No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de abertura da boca, uep-rá.
Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha certa estadía nun certo inferno e levarnos canda el polos lindes inmapeábeis dunha dor que non quere ser desterrada.