Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : DOMBATE

122 resultados

  • POESIA INEDITA E DISPERSA (LUISA VILLALTA)
    VILLALTA, LUISA
    Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes… Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso cre...
    Dispoñible

    18,50 €

  • BISCOITO DE LARANXA
    CHAPELA, DANIEL
    A familia, desde a nosa chegada ao mundo, define a forma de nos relacionar, de amar e de existir, sendo, xeralmente, un espazo de opresión.Biscoito de laranxa pretende mergullar o lector no proceso de perda dun ser querido e nas tensións que se xeran dentro do núcleo familiar. Unha obra sobre a conexión coa terra, aferrando a memoria á carne para sentir as costuras das relación...
    Dispoñible

    12,65 €

  • PENSAR E ESCURO. POESIA REUNIDA (1991-2004) LUISA VILLATA
    VILLALTA, LUISA
    Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rpta ap omteropr dp pññp (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable. ...
    Dispoñible

    22,40 €

  • FLORES DO BALEIRO, AS
    ROMERO, MEDOS
    As flores do baleiro é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia, a dor en extrema soidade.Tamén é a fraxilidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde “somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan”. ...
    Dispoñible

    14,00 €

  • CUSPINDO MISERIAS
    RODRIGUEZ, NEVES
    Canto pode aguantar un corpo?Cada verso de Cuspindo miserias é un berro que dá voz ás dores mudas. Este poemario anda un carreiro escuro, visceral, sucio. Un percorrido para ceibarmos do que nos abafa, pero que deglutimos por medo. Ou por vergoña.Poemas descarnados e crus. Poesía en coiros. Pensamentos feridos en lostregadas que queiman os ollos. Cervexa na vaixela chinesa da t...
    Dispoñible

    14,50 €

  • DESAPARECER
    GARCIA REGO, PILAR
    desaparecer é a derribapero tamén a contendaa muda imprecisa cara ao retorno[Este libro foi escrito durante un proceso difícil, trastornado, nun movemento de precesión, expulsivo]En que consiste a valentía? ...
    Dispoñible

    14,50 €

  • CLAUSTRO CORDA COMENSAL
    MERINO, SAMUEL
    A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria.A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema —claustro, corda, comensal— dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar.Estar sempre no limiar, estar tan...
    Dispoñible

    13,50 €

  • RETRATOS DE VODAS, PARTOS E FUNERAIS (PREMIO FOLLAS NOVAS DE POESÍA 2023)
    PENAS, SILVIA
    Asomarse a un retrato como quen busca na profundidade do espello esa outra que unha vez foi, será ou está sendo. Mirarse noutras mulleres que, coa boca chea de terra ou de auga, esparexen a memoria e o herdo, a beleza e a escuridade da ferida.Estes retratos rodeados de marcos ofrecen declaradamente un segmento para a fuxida, a constatación dunha fenda en cada foto tirada con pa...
    Dispoñible

    12,90 €

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteiras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa.Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do...
    Dispoñible

    11,90 €

  • ONDE FERVE A MEMORIA
    RODRIGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Na primavera silenciosa o poeta consegue entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución de infinitos voos converxentes de morcegos, que logo asociará ao comportamento da anguía, cando esta, antes de se esvaecer no mar, xa non logre regresar en forma larvaria á terra da que partiu.En Onde ferve a memoria, morcegos e anguías son, pois, os seus protagonistas,...
    Dispoñible

    13,95 €

  • COMPROMISO CO ASOMBRO, UN
    ELSON, REBECA
    Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única dunha voz sutil como materia escura, Elson gravita con perspicaz elegancia pola enfermidade, o espazo exterior e o íntimo, e déixanos un legado polímata: a física e o poema ap...
    Dispoñible

    16,65 €

  • CORPO DE ANTIOCHIA
    ANDRES, TAMARA
    É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu. ...
    Dispoñible

    13,25 €

  • SERENOU A NEBOA
    GUEDE OLIVA, MANUEL
    Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A néboa é a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se intenta poñ...
    Dispoñible

    14,30 €

  • ARBORES NO DESERTO
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico.Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama r...
    Dispoñible

    16,35 €

  • BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS
    CAMPELO, LUZ
    Escrita dende a experiencia de quen sucou os mares e sabe dos naufraxios, das illas e das arribadas.Un Eu feminino que se recoñece na intemperie, e que se cuestiona o mundo dende as súas arestas: o propio corpo, as perdas, o amor, as inxustizas, as violencias, a destrución da natureza... Un poemario de denuncia e resiliencia que transita no tempo e no devalar das mareas até des...
    Dispoñible

    13,95 €

  • XERACION (BREVE TRATADO DE MALES INESPECIFICOS)PREMIO VICTORIANO TAIBO 2022
    RODRIGUEZ GONZALEZ, JAVIER
    Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíficos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformista, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa inces...
    Dispoñible

    10,80 €

  • POEMAS ESCOLLIDOS DE LIZ LOCHHEAD
    LOCHHEAD, LIZ
    Nestes Poemas escollidos, Liz Lochhead presenta unha selección persoal de poemas publicados nas últimas catro décadas. O amor e a memoria son a forza destas composicións, que van dende a linguaxe á paisaxe, dende o amor á historia, dende a paixón pola música e as artes plásticas ata o feminismo. Ás veces conmovedora, ás veces divertida, extravagante, sempre loitadora, franca e ...
    Dispoñible

    19,20 €

  • AMOR ANTIGO, UN
    CASTRO, LUISA
    Un amor antigo é varias cousas ó mesmo tempo. Pódese ler coma unha volta ás orixes onde a pegada do amor acode para rescatarnos, pero tamén pode ser o comezo dun vivir máis libre, sen noción ningunha do pasado. Estes versos recórdannos que amar implica esquecer, e vivir sempre comezar. Singular, coma toda a produción da súa autora, este novo libro asómase máis ca nunca á vertix...
    Dispoñible

    14,00 €

  • DIORAMA
    CAROU, JOSE
    A primeira noite que durmimos na casa do faro, espertei co zunido das hélices na procura de sobreviventes. Os poemas atravesan as idades da luz. Cada verso sae ao rescate proxectando unha ilusión fílmica. Un océano no teito do dormitorio. O zunido das hélices desaparece. Se perdemos a fala, esquecemos a orixe do universo, e deixamos de recender os significados, de debuxar coa v...
    Dispoñible

    17,05 €

  • DE ROSA ANTIGA
    VILLAR JANEIRO, HELENA
    De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan...
    Dispoñible

    17,05 €

  • ANTESE (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2021)
    NOGUEIRA, ARANCHA
    Premio Victoriano Taibo 2021Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.O p...
    Dispoñible

    13,25 €

  • MIÑA TERRA E UN VELLO FALAR, A
    POMBO ARIAS, MANUEL
    “O meu ser tamén ten dereito a buscar o seu destino, ao seu xeito, a buscar o seu desasosego, o seu canto, a súa propia poesía”, indicaba o autor na súa obra Desvendado (Editorial Galaxia, 2021).En A miña terra é un vello falar, Manuel Pombo Arias recolle a súa poesía recente, unha “poesía experimental” e tamén “irracional”, buscando romper co instituído e na procura de novas f...
    Dispoñible

    16,65 €

  • LISTA DA COMPRA, A
    BESTEIROS COMESAÑA, MARIA
    Para os habitantes animais e humanos da aldea abandonada de MorgadeA maternidade dos fillos vivos e da filla morta, a incomunicación, a vida illada nun rural organizado desde os despachos, a demanda continua dun corpo que deixou de pertencerme. Un perpetuo cuestionamento da identidade. Un eu delimitado polos outros. Nin público nin privado. Un corpo compartido como tránsito e f...
    Dispoñible

    11,90 €

  • CORPO TRANSPARENTE DAS HORAS, O
    PEREZ, ABRAHAM
    En o corpo transparente das horas, o autor insiste na liña aberta con Fragmento/Creba no proceso da investigación artística.A preocupación ontolóxica segue a ser o elemento xenético que articula a voz poética, mais nesta obra móstrase un xiro na composición do texto, procurando unha resignificación conceptual á vez que lírica, onde o estatismo implícito na enunciación e as imax...
    Dispoñible

    16,35 €

  • ATLAS (PREMIO NACIONAL DE POESIA XOVE 2020)
    CID, ALBA
    Dispoñible

    13,25 €

  • HERDADE
    SOUTO VILANOVA, CESAR
    Dispoñible

    13,25 €

  • ABERTURA DA BOCA, A
    CALLON, CARLOS
    Dispoñible

    12,00 €

  • NOTAS SOBRE A EXTINCION
    DACOSTA ALONSO, MARTA
    Dispoñible

    17,05 €

  • HUMANARIO
    GARCIA REGO, PILAR
    Dispoñible

    13,95 €

  • FOLGOS. TROBAS EXISTENCIAIS
    NOGEROL, JEI
    Dispoñible

    11,00 €


01 02 03 04 05