Narrativa galego / ALBUM NOS (NOS POR CASTELAO)

ALBUM NOS (NOS POR CASTELAO)

ALBUM NOS (NOS POR CASTELAO)

CASTELAO

30,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-7154-468-1
Páxinas:
108
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
DEBUXOS
30,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Colección de 50 estampas de Castelao que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum.
A colección recóllese nun álbum editado a iniciativa dun grupo de amigos de Castelao e sufragado por estes, nos prelos da 'Casa Hauser y Menet' de Madrid. No prólogo do álbum, onde afirma que a obra foi composta entre os anos 16 e 18, explicita o senso que lle dera ao seu traballo e esboza unha xustificación da estética que o inspirara. Os temas que aparecen tocados en Nós son as lacras sociais da Galicia daquel tempo.

Artigos relacionados

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos. Na torre da illa de Toralla,...
    Dispoñible

    22,50 €

  • FILLOS DO SOL
    PAZO, CANDIDO
    Elucubración escénica nun acto e un epílogoA cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un octoxenario Eduardo Pondal, corroído pola neurose no devalar da súa vida, enfróntase a medos, dúbidas e insatisfaccións creativas ao redor da obsesión pola súa obra capital, Os Eoas, tendo como interlocutores un personaxe nado da súa perturbación e a noviña criada da pe...
    Dispoñible

    14,30 €

  • LEMBRANZAS DO MEU VIVIR I (O MEU S.XIX.OS TEMPOS INSTITUTO
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa de Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna. ...
    Dispoñible

    25,45 €

  • VENTO FERIDO (BCC)
    CASARES, CARLOS
    A obra literaria de Carlos Casares, unha das máis interesantes da narrativa galega do século XX, iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a souidade e o fatalismo, abrolla xa a mirada orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector ou lectora p...
    Dispoñible

    16,05 €

  • FUTURO IMPERFECTO
    ALONSO DIAZ, XULIA
    Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é ...
    Dispoñible

    20,95 €

  • DAS COUSAS DE RAMON LAMOTE
    MARTIN, PACO
    Velaquí un clásico da literatura galega, galardoado en 1986 co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa partic...
    Dispoñible

    13,15 €

Outros libros do autor

  • VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, OS (BC)
    CASTELAO
    Unha das pezas máis populares do teatro galego é Os vellos non deben de namorarse. Estreouso en Bos aires no ano 1941 e, desde aquela, non deixa de representarse. En verbar do autor, esta farsa é froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. Escrita "para regalía do pobo galego", Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950) deu...
    Dispoñible

    16,85 €

  • DOUS DE SEMPRE, OS (BC)
    CASTELAO
    Os dous de sempre conta a historia de Pedriño e Rañolas, personaxes que xa forman parte do herdo literario galego e representan maneiras opostas de afrontar a vida. Publicada en 1934, a novela destaca polo alento humorístico coa que está escrita e pola simpatía que ambos protagonistas chegan a suscitar no lector. Unha metáfora universal inspirada na visión crítica do pobo galeg...
    Dispoñible

    19,10 €

  • CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA, A
    CASTELAO
    Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns.Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Bretaña, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características dese país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántic...
    Dispoñible

    24,70 €

  • RETRINCOS. UN OLLO DE VIDRO (BC)
    CASTELAO
    Prosa estilizada e sensible nalgunhas das pezas máis significativas da narrativa galega.Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha...
    Dispoñible

    15,80 €

  • COUSAS DA VIDA NENOS (BC)
    CASTELAO
    Nos debuxos de Castelao, os nenos foron sempre tratados cun exquisito coidado formal.Non tanto polo que representan como polas súas características plásticas, que os converten en materia ideal para o lapis do artista. Os nenos ocupan un lugar sobranceiro na súa obra, son os protagonistas dos seus mellores contos e as figuras centrais dalgúns dos seus debuxos máis afortunados. P...
    Dispoñible

    15,90 €

  • SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE
    CASTELAO
    O volume que aquí se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o Día das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento político do rianxeiro, que na primeira aparecía de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitació...
    Dispoñible

    22,60 €