Narrativa galego / ALGUEN ASI E O DEUS EN QUEN EU CREO (F.ISLA COUTO)

ALGUEN ASI E O DEUS EN QUEN EU CREO (F.ISLA COUTO)

ALGUEN ASI E O DEUS EN QUEN EU CREO (F.ISLA COUTO)

TORRES QUEIRUGA, ANDRES

24,20 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2012
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9865-443-1
Páxinas:
220
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ENSAIO
24,20 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito e coa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenza da fe na nosa cultura.
Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio.
Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica; o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor; os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.

Artigos relacionados

  • ÁLBUM DE GARRINCHA, O
    MACEDA ABELEIRA, BEATRIZ
    Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • LEI DAS ÁNIMAS, A. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA
    G.REIGOSA, CARLOS
    O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga si...
    Dispoñible

    20,55 €

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

Outros libros do autor

  • DIALOGO DAS RELIXIONS E AUTOCOMPRENSION CRISTIA
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    O problema do diálogo e o encontro entre as relixións do mundo converteuse hoxe nun dos máis debatidos non só para a teoloxía, senón tamén para a filosofía da relixión e mesmo para a análise da cultura. Aquí, sen deixar de botar de tempo en tempo unha ollada ás outras, a perspectiva será ante todo teolóxica ...
    Dispoñible

    9,00 €

  • PARA UNHA FILOSOFIA DA SAUDADE
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    Sobre a saudade tense xa dito moito e moi bo. Ela é para nós, galegos e portugueses, un tema tentador, por íntimo e peculiar, por entrañable e específico. Dentro da mesma Real Academia Galega foi repetidamente abordada: de xeito directo que coa forza conxenial da intuición poética. ...
    Dispoñible

    8,00 €

  • DO TERROR DE ISAAC O ABBA DE XESUS
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    Continuando a liña dos anteriores -Recupera-la salvación, Creo en Deus Pai, Recupera-la creación- este novo libro de Andrés Torres Queiruga prosegue a tarefa de ir reconstruíndo unha nova imaxe de Deus, Unha imaxe que, máis acá da tremenda crise relixiosa introducida pola modernidade, "fale" de verdade á sensibilidade actual. ...
    Dispoñible

    9,02 €

  • REPENSAR O MAL. DA PONEROLOXIA A TEODICEA
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    Dispoñible

    31,80 €

  • REVELACION DE DEUS NA REALIZACION
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    Dispoñible

    27,40 €

  • ROLDA DE IDEAS
    TORRES QUEIRUGA, ANDRES
    Dispoñible

    5,00 €