Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : ENSAIO

134 resultados

  • BEN MANTIDOS, HISTORIA CULTURAL DA GASTRONOMIA GALEGA
    CASTRO PEREZ, XAVIER
    Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras…Unha novidosa interpretación da nosa historia, unha “nova crónica de nós”, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita...
    Dispoñible

    23,30 €

  • ECONOMIA E POESIA: RIMAS INTERNAS (XXIII PREMIO RAMON PIÑEIRO ENSAIO 2023)
    CASTAÑO, YOLANDA
    PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2023Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez da consideración de traballo. A mesma profesionalización que incrementa valor a un músico ou a unha artista plástica pode producir descrédito nunha poeta. E as mans que escriben versos chegan a ser glorificadas no mesmo movemento co que se lles neg...
    Dispoñible

    23,55 €

  • ARTE DEXENERADA GALEGA (XIV PREMIO M. MURGUIA ENSAIO 2023)
    RODRIGUEZ GARABATOS, BLANCA PAULA
    Premio Manuel Murguía de ensaio 2023En Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable abórdase o labor dos máis importantes artistas da vangarda galega: Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico, axentes do cambio social e pontes entre artes plásticas e literatura.A “arte dexenerada” dos vangardistas galegos non foi admitida na España...
    Dispoñible

    16,90 €

  • GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa...
    Dispoñible

    22,95 €

  • INMIGRANTES IMAXINADOS, OS. A IDENTIDADE GALEGA NA ARXENTINA (1780-1960)
    NUÑEZ SEIXAS, XOSE M.
    Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativo...
    Dispoñible

    28,00 €

  • GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL
    BAAMONDE, ANTON
    En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • FISTERRAS ATLANTICAS
    LAMAS, SANTIAGO
    Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade socialA elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios que constitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vis...
    Dispoñible

    25,40 €

  • CAMIÑO DE SANTIAGO, O. GUIA DE GUIAS (II PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO)
    MENDEZ VERGEL, LAURA
    O Camiño de Santiago. Guía de guías analiza o itinerario xacobeo para un estudo sociohistórico a través das ideas que se reflicten nos tempos polos que transitou, e dar luz as mentalidades que foron aparecendo na transición do pleno medievo ao baixo medievo na sociedade occidental, centrándose en catro conceptos: actores, motivacións, camiño e creación, en cuxa revisión históri...
    Dispoñible

    17,00 €

  • LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS, A
    VEIGA, MANUEL
    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade ...
    Dispoñible

    15,20 €

  • OUTRO LADO DA MUSICA, A POESIA, O
    VILLALTA, LUISA
    Relación entre ambas as artes da historia da literatura galega.Publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (L...
    Dispoñible

    23,55 €

  • MUSICAS INTERROMPIDAS, AS. BALBOA, MACIAS, VIAÑO
    VARIOS
    Balboa, Macías e Viaño ocupan un lugar destacado na perspectiva da creación musical galega de finais do século XX. Con traxectorias diverxentes, abriron novos camiños e exerceron unha relevante influencia en toda unha xeración de músicos. Os tres comparten linguaxes musicais diversas que abranguen desde propostas abertamente rupturistas ata liñas continuístas, pero que coincide...
    Dispoñible

    19,30 €

  • PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA. UN SIMBOLO NECESARIO
    PEREZ PRIETO, VICTORINO
    Velaquí un percorrido pola historia dun símbolo necesario para a construción da identidade galega.Achegamento científico á figura de Prisciliano, este libro aborda a súa relevancia para a cultura galega, sobre todo desde o século XIX ata os nosos días. Neste libro imos "reencontrármonos con nós mesmos, isto é, coa historia que nos fixo e da que vimos". Coa súa lectura "achamos ...
    Dispoñible

    27,50 €

  • INIMIGOS AS PORTAS. FRANK LOPEZ E O ANARQUISMO GLOBAL
    ALONSO, BIEITO
    A historia de Frank López —Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes, Miño— non é unha historia común, nin sequera dende os parámetros lexibles en que se moveron os anarquistas de orixe galega nos Estados Unidos. Mais, como escribir sobre alguén que apenas existe? Aínda así, pode resultar de interese a historia dun simple individuo para explicar a traxectoria tran...
    Dispoñible

    24,15 €

  • LIBRO DAS COLUNAS
    VILLALTA, LUISA
    Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario A Nosa Terra entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento. Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a ...
    Dispoñible

    16,40 €

  • QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO. (XI PREMIO RAMON PIÑEIRO 2011)
    MOURE, TERESA
    XI Premio Ramón Piñeiro 2011Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as aca...
    Dispoñible

    16,40 €

  • GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA. MANUEL RODRIGUES LAPA NA LINGU E NA CULTURA GALEGAS
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    "Á Galiza de sempre, raiz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrígues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.Henrique Monteagudo ato...
    Dispoñible

    17,35 €

  • GALICIA E PORTUGAL. IRMANDADE E FRONTEIRA
    VILLARES, RAMON
    Este ensaio, nunha primeira versión en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portuguesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal; pero tamén como unha mirada ao futuro que permita entender que Galicia e Portugal poderán alcanzar unha nova dimensión institucional e un importante peso rexion...
    Dispoñible

    16,85 €

  • PENSAMENTO POLITICO DE RAMON PIÑEIRO, O
    RODRIGUEZ ALVAREZ, SERXIO MARIA
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa “batalla cultural” pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: “piñeirismo”.O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende ...
    Dispoñible

    16,85 €

  • GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936. HISTORIA DUN PASADO INCOMODO
    FERNANDEZ PRIETO, LOUR. / MIGUEZ MACHO ANT
    Esta é a historia dos verdugos.Non é unha historia heroica nin agradable, tampouco unha historia esquecida. É unha historia que non tiñamos ganas de coñecer, pero que os historiadores e as historiadoras estamos obrigados a indagar e contextualizar. O coñecemento sempre resulta sorpresivo e desvenda erros, mitos, deformacións interesadas. Iso intentamos. Os lectores coñecerán ne...
    Dispoñible

    27,90 €

  • MELODIAS E VOCES ESQUECIDAS
    ENRIQUE PEREZ, CARLOS
    Melodías e voces esquecidas é unha máquina do tempo, que nos traslada ao pasado dun Vigo en continua evolución, e móstranos como era a súa sociedade, os seus teatros, os seus gustos culturais, musicais e como todo isto se vai consolidando, e cambiando, ata un século despois.Carlos Enrique Pérez, plasma neste traballo o retrato dunha cidade e das súas xentes ao longo dun período...
    Dispoñible

    28,00 €

  • GALICIA, 1981-2021. AUTONOMIA, SOCIEDADE E CULTURA
    PEREZ RUA, MANUEL
    Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica.Nest...
    Dispoñible

    25,00 €

  • FEIREAR
    CASTRO FRADE, XOSE RAMON
    Feirear significa ‘mercar’, ‘vender’ ou ‘tratar algún negocio na feira’.É este un título que pretende ser chamador, máis tamén quere integrar os contidos que del se derivan na súa acepción máis compracente e evocadora do mundo rural, que sempre fixo principal a actividade de ir de/á feira, que se foi reconvertendo co tempo nun acontecemento máis económico que social.O relato qu...
    Dispoñible

    23,00 €

  • MISTICA DA FEMINIDADE EN MAD MEN, A (XXII PREMIO R.PIÑEIRO DE ENSAIO 2022)
    CASCUDO, XOSE ANTON
    Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men (AMC, 2007-2015) e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave da “segunda onda” do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e...
    Dispoñible

    19,70 €

  • SERVIR ERA O PAN DO DEMO. H.DA VIDA COTIA GALICIA(S XIX-XX)
    CASTRO PEREZ, XAVIER
    Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos.O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e gale...
    Non dispoñible

    30,90 €

  • RETRANCA, A. UN INTENTO DE CLARIFICACION
    CABALLERO, FELIX
    Retranca é hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e d...
    Dispoñible

    17,35 €

  • MEMORIA DO VIGO PROLETARIO
    VARIOS
    Velaquí unha crónica rigorosa daquel setembro vermello vigués de 1972 do que se celebra o 50 aniversario. A maior mobilización obreira da historia de Galicia en que, do 9 ao 26 de setembro, máis de quince mil obreiros foron á folga e reivindicaron polas rúas da cidade os seus dereitos fronte ao réxime franquista. Aquelas multitudinarias xornadas de solidariedade e protesta dero...
    Dispoñible

    24,90 €

  • MATERNIDADES VIRTUOSAS (PREMIO R.PIÑEIRO ENSAIO 2021)
    RABADE VILLAR, MARIA DO CEBREIRO
    Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de al...
    Dispoñible

    17,35 €

  • CASTELAO. PLASTICA E PENSAMENTO 1913-1916
    LOPEZ PIÑEIRO, XESUS ANDRES
    Castelao é un dos referentes de Galicia, tanto no eido político como no literario, mais tamén na plástica, onde se converteu no elo necesario para conquistar o papel relevante que a xeración dos Novos tivo entre a arte europea, e foi dos poucos que soubo ver o papel do realismo na arte e que pelexou a contracorrente contra o costumismo.Mais isto é preciso explicalo entrelazando...
    Dispoñible

    23,55 €

  • LIMITES DO CRECEMENTO, OS
    VARIOS
    En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incer...
    Dispoñible

    22,90 €

  • UNIDADE E A HARMONIA DA REALIDADE, A
    PEREZ PRIETO, VICTORINO
    A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento, que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-relixiosa dentro da Realidade. Un ensaio apaixonado que fala de ciencia, de física, de filosofía, de teoloxía, de mística, da natureza, da creación e do lugar que todo ser humano ocupa nese conxunto un e div...
    Dispoñible

    24,00 €


01 02 03 04 05