CASTRO, PILAR
Un libro no que se escolman os principais fitos líricos na recreación da tradición da poesía medieval galego-portuguesa.
Con precedentes coma os achegados por Eduardo Pondal, Xohán Vicente Viqueira e o poeta catalán Carles Riba, o neotrobadorismo terá o seu epicentro no Seminario de Estudios Galegos e nas composicións de Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey, Filgueira Valverde, Iglesia Alvariño, Díaz Jácome e Xosé María Álvarez Blázquez, reinventores dunha tradición que se prolonga ata os nosos días. Completa o libro un estudo introdutorio no que Pilar Castro analiza diversos temas e problemas do neotrobadorismo.