BOULLON AGRELO, ANA ISABEL
Reúnense aquí contribucións sobre a elaboración de dicionarios atroponímicos, tanto desde unha perspectiva románica como en distintos ámbitos xeográficos (Italia, Reino Unido e Irlanda, Estados Unidos, Galicia), así como a conexión entre a antroponimia e o léxico común (a denomástica) e sobre aspectos específicos do estudo da antroponimia galega (problemas etimolóxicos, sobre a transmisión dos apelidos e o estudo histórico dunha área concreta). Tamén se realiza por primeira vez unha aproximación ao valor simbólico dos apelidos en Galicia.