Narrativa galego / AO ABEIRO DA AMIZADE. EPISTOLARIO 1926-1976

AO ABEIRO DA AMIZADE. EPISTOLARIO 1926-1976

AO ABEIRO DA AMIZADE. EPISTOLARIO 1926-1976

OTERO PEDRAYO, R / MARTINEZ-RISCO, SEBASTI

30,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2021
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9151-639-2
Páxinas:
438
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
MEMORIA
30,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega
dos anos centrais do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares, humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de pedra, en pleno exilio interior.

Artigos relacionados

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporáneaO que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén m...
    Dispoñible

    14,40 €

  • VIRTUDES(E MISTERIOS)PREMIO B.A 2019-NACIONAL NARRATIVA 21
    FRAGA, XESUS
    Premio Nacional de Narrativa 2021. Premio Blanco Amor 2019. Premio da Crítica de Galicia 2021Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futur...
    Dispoñible

    22,50 €