AQUI COMEZA O MAR (PREMIO BLANCO-AMOR 2021)

AQUI COMEZA O MAR (PREMIO BLANCO-AMOR 2021)

RIESTRA, BLANCA

22,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-9151-808-2
Páxinas:
246
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
22,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres.
Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.
Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.

Artigos relacionados

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • MULLER DE MENTIRA, A (PREMIO GARCÍA BARROS 2026)
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.Premio Garcí...
    Dispoñible

    16,50 €

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida ...
    Dispoñible

    16,50 €

  • PERDER O NORTE (IX PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2025)
    QUIROGA, MARIA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    Dispoñible

    19,00 €

  • AMOR, O ODIO E A IGNORANCIA, O
    FERNÁNDEZ BLANCO, MANUEL / CALLÓN CARLOS
    Manuel Fernández Blanco é un psicanalista cunha longa traxectoria na atención individual, mais tamén un psicanalista cidadán, atento aos síntomas da vida colectiva. O profesor Carlos Callón propúxolle esta conversa para, nunha linguaxe próxima, pensar os malestares do noso tempo. De Umberto Eco a Shakira, de Ed Sheeran a Pilar Pallarés, de Fernando Pessoa a Donald Trump, unha s...
    Dispoñible

    20,50 €

Outros libros do autor

  • ANATOL E DOUS MAIS
    RIESTRA, BLANCA
    Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible.Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, com...
    Dispoñible

    17,20 €

  • NOIRE COMPOSTELA (PREMIO POR ENTREGAS LA VOZ DE GALICIA)
    RIESTRA, BLANCA
    En Internet hai algo profundo, algo fondo, maligno. Sen sabelo, convivimos cun pozo insondable, ignoramos o que se agoche nel.Noire Compostela inicíase cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, que traballa como camareira nun dos bares da zona bella compostelá. ...
    Dispoñible

    16,35 €