POKORNY, JULIUS
CANCIONEIRO DA POESÍA CÉLTICA é a traducción galega, feita por Celestino F. de la Vega e Ramón Piñeiro, do libro Altkeltische Dichtungen publicado por Julius Pokorny en Berna no ano 1944. A aparición deste texto na nosa lingua no ano 1951, premiado ademais nun concurso de traduccións convocado por "Bibliófilos Gallegos", supuxo un acontecemento aditorial de primeira orde, tanto polo interese literario dos poemas, como pola novidade da publicación dunha obra desas características no ámbito da cultura galega. Desde entón, este fermoso cancioneiro, que moi pronto se convertiu nunha xoia bibliográfica, era buscado por moitos lectores. Esta segunda edición vén cubrir, polo tanto, unha notable carencia.