CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS

CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS

ALEIXANDRE, MARILAR

14,90 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-380-6
Páxinas:
114
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
14,90 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.
Así foi como Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar Aleixandre. Pero estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, porque cadaquén tiña a súa particular idea de Castelao. Tras moito teimar, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas que lle permitisen rematar o libro que tedes nas mans e acceder á vida dun Castelao do que nunca oirades falar deste xeito, a través dos personaxes creados por el. Seguro que despois desta lectura decidiredes acudir aos seus libros e saber máis del.

Artigos relacionados

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,80 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo, Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,90 €

  • ENIGMA DE SANTIAGO, O (PREMIO RAIÑA LUPA 2020)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia du...
    Dispoñible

    15,90 €

  • SOBREMESAS SOBRE VERSOS (PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2022)
    CASTRO, RAQUEL
    Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • RAPACES SO SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS, OS (VIII PREMIO VIDAL BOLAÑO 2025)
    CALOTO, IVAN
    PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2025.Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou...
    Dispoñible

    12,95 €

Outros libros do autor

  • BOCAS COSIDAS, AS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, “desbrid...
    Dispoñible

    24,00 €

  • MALAS MULLERES, AS (LECTURA FACIL)
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Esta historia pasa na Coruña en 1863. Fala da vida de Sisca, unha rapaza de 15 anos que está na Galera, o cárcere de mulleres. Nesta novela aparecen personaxes históricas, como Concepción Arenal, que foi visitadora dos cárceres, e Juana de Vega, que a acompañaba. As dúas loitaron por mellorar a vida das persoas. A novela axuda a entender a nosa historia a través da historia de ...
    Dispoñible

    18,50 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre…Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é...
    Dispoñible

    17,35 €

  • MALAS MULLERES, AS (PREMIO BLANCO AMOR 2020 E PREMIO NACIONAL DE LITERATURA 2020))
    ALEIXANDRE, MARILAR
    PREMIO BLANCO AMOR 2020PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entend...
    Dispoñible

    22,55 €

  • ALI BABA, MORXIANA E OS CORENTA USUREIROS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Era unha vez o xefe dunha banda de corenta ladrónsé un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: "Ábrete, sésamo!" Todos coñecemos a historia. Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a v...
    Dispoñible

    10,80 €

  • BASILISA, A PRINCESA SAPIÑO (NA)
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Non sempre o fillo máis novo é quen leva a mellor parte e tampouco todos os sapos son o que parecen.Pero se encontras unha pel que mudou un sapiño, será mellor que o penses dúas veces antes de guindala ao lume. A non ser, claro, que esteas disposto a gastar tres pares de zapatos de ferro. ¿Non o cres? Mira e verás. ...
    Dispoñible

    10,10 €