COMPROMISO CO ASOMBRO, UN

COMPROMISO CO ASOMBRO, UN

ELSON, REBECA

17,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-1176-141-3
Páxinas:
140
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
DOMBATE
17,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única dunha voz sutil como materia escura, Elson gravita con perspicaz elegancia pola enfermidade, o espazo exterior e o íntimo, e déixanos un legado polímata: a física e o poema apelan por igual á nena que somos.
Se somos o que lemos, somos aínda máis o que nos asombra ler. E nós, humanas e galegas, temos un compromiso pode que rosaliano co asombro.

Artigos relacionados

  • TERRA BAIXO AS UÑAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares –Madrid, Valencia– impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios… A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma ...
    Dispoñible

    14,50 €

  • ALASKA
    SUÁREZ, CASTILLO
    Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...
    Dispoñible

    17,10 €

  • TRAZO DOBRE
    SANCHEZ ABEAL, PATRICIA
    O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo.Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, despre-ga un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...
    Dispoñible

    14,30 €

  • DISTANCIA DO SECULO, A
    HUETE, ANXEL
    Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. Ánxel Huete (Ourense, 1944) é un referente da pintura abstracta en Galicia. Membro do grupo Atlántica, formouse en cidades como Barcelona, Berl...
    Dispoñible

    17,50 €

  • RIMAS POPULARES DE GALICIA DE MANUEL MURGUIA, AS (ANEXOS BRAG 11)
    RODRIGUEZ GONZALEZ, DIEGO
    Murguía non conseguiu publicar en vida as Rimas populares de Galicia. Estas foron unhas nos primeiros anuncios, outras cando se preparou a edición de 1895, e aínda outras despois, porque hai constancia de que Murguía seguiu traballando nelas. A redacción da obra avanzou sen ningunha clase de traballo de campo; el limitouse a pedir e recoller o que lle enviaban, e tratar de poñe...
    Dispoñible

    28,00 €

  • TORRES ABOLIDAS, AS (XIII PREMIO POESIA AFUNDACION 2025)
    MIRANDA RUIZ, XOSE
    Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...
    Dispoñible

    19,50 €