CONTRABIOGRAFIA (I EDICION PREMIO TREVO DE NARRATIVA EN GALEGO 2025)

CONTRABIOGRAFIA (I EDICION PREMIO TREVO DE NARRATIVA EN GALEGO 2025)

LOPEZ LOPEZ, XABIER

20,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-180-2
Páxinas:
220
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
20,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.
Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar que —co pretexto de dar conta dunha vinganza, un asasinato, unha execución, unha historia real con trazas de traxedia grega— busca e recrea pontes, rías, pasadizos e viaxes de ida e volta, do golfo Ártabro a América, deste século aos séculos pasados, para, acaso sen pretendelo, descubrir que todo é estrañamente parecido ao que nos contaron.

Artigos relacionados

  • MULLER DE MENTIRA, A (PREMIO GARCÍA BARROS 2026)
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.Premio Garcí...
    Dispoñible

    16,50 €

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida ...
    Dispoñible

    16,50 €

  • PERDER O NORTE (IX PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2025)
    QUIROGA, MARIA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    Dispoñible

    19,00 €

  • AMOR, O ODIO E A IGNORANCIA, O
    FERNÁNDEZ BLANCO, MANUEL / CALLÓN CARLOS
    Manuel Fernández Blanco é un psicanalista cunha longa traxectoria na atención individual, mais tamén un psicanalista cidadán, atento aos síntomas da vida colectiva. O profesor Carlos Callón propúxolle esta conversa para, nunha linguaxe próxima, pensar os malestares do noso tempo. De Umberto Eco a Shakira, de Ed Sheeran a Pilar Pallarés, de Fernando Pessoa a Donald Trump, unha s...
    Dispoñible

    20,50 €

Outros libros do autor

  • LIBROS PRESTADOS, OS
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Para o autor non se trata de saber se os libros nos fan libres ou se, pola contra, son unha condena, o importante son as historias que, sen estar contadas neles, os libros nos obrigan a vivir.Os protagonistas dos catro relatos de Os libros prestados non son os libros, senón os lectores. O que agochan as vidas dos que len. A historia dun catedrático de literatura que sobreviviu ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • SEGREDO DA VELLA LIBRERIA,O
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Unha librería aparentemente esquecida.Un cativo desesperado pola fame. Unha época escura na que homes sen escrúpulos abusan do seu poder. E a maxia. Dos libros. Das lecturas. Dos que aman as historias que viven dentro das letras... ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • 900 (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2018)
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Premio Torrente Ballester 2018 Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, p...
    Dispoñible

    22,60 €

  • ESTRAÑA ESTRELA, A (NL)
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Un protagonista sometido a leis sobrenaturais e unha estructura en caixas chinesas son os eixes dunha estraordinaria novela de aventuras que enfía sucesos históricos por medio da máis absoluta fabulación. Corsarios turcos, senlleiros navegantes, amor e guerra nunha narración que arrastra o lector co pulo da liberdade creadora e o pracer de contar. ...
    Dispoñible

    20,55 €

  • OLYMPIA RING, 1934
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Dispoñible

    22,50 €

  • CANDO ARTUR NON ERA REI
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Dispoñible

    13,60 €