SIXTO SECO, AGUSTIN
O lector ten nas súas mans oitenta e dous artigos de intervención.Textos xornalísticos. Anacos de vida, tal e como Agustín Sixto Seco (San Vicente de Meá, Mugardos, 1926-Santiago de Compostela, 2004) entendía a vida: como un compromiso ético e profesional, fundamento social e politicamente no galeguismo. Velaquí a crónica dun discurso que comeza no ano 1977 ("O roubo dunha bandeira en Vilagarcía de Arousa") e chega practicamente ata o final, case nas vésperas do seu falecemento, que se produciu na mañanciña do 30 de decembro do ano 2004.