Búsqueda de Editorial : FUNDACION OTERO PEDRAYO / Colección : VARIOS (PATRONATO OTERO PEDRAYO)

46 resultados

  • M.V.CARBALLO-CALERO.VERDE LUS NAS PUP.DE PEDRA-P.TRASALBA21
    VARIOS
    María Victoria fíxome ver que a cultura galega era moito máis complexa, e máis rica, do que eu podía pensar, e que Castelao ocupaba un lugar central no seu desenvolvemento. Para min era un pintor realista, pero pronto puiden ver que era moito máis, como indica Ricardo Carvalho, unha verdadeira lenda. ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • MANUEL BUCIÑOS. CARA AS ALBAS DE MAÑA (PREMIO TRASALBA 2020)
    VARIOS
    A obra de Manuel Buciños, situada sempre entre a fidelidade a unha linguaxe comprensible, clara herdanza dunha poética clásica, e a atención constante ao que son as formas de expresión propias da arte do seu tempo, está visiblemente influído polo contido humano da súa escultura e pola propia concepción da arte como a comunicación. ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • LUZ POZO GARZA.ESE XEITO DE AMOR... (PREMIO TRASALBA 2019)
    VARIOS
    A muller que hoxe homenaxeamos veu á vida cun nome que en certo sentido xa era un mandato. Sería tentador atopar nel as chaves da sús poética: a capacidade de ollar na palabra Luz; a sabedoíra fluída e insondable da auga a reflectir a lúa chea dentro do Pozo; e a elegancia branca e animal de Garza, que lembra suavidades, versos de trobadores, tempos idos. ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • CORAL DE RUADA + CD
    VARIOS
    A Coral de Ruada é un dos coros históricos de Galicia que afunden as súas raíces nas primeiras décadas do século XX, nos tempo de rexionalismo e das Irmandades da Fala. ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • CARLOS BALIÑAS FERNANDEZ. UN PARLADOIRO DE IDEAS TRA.2017
    VARIOS
    Co premio Trasalba 2017, a Fundación Otero Pedrayo homenaxea a alguén que tivo unha estreita vinculación con Ramón Otero Pedrayo: Carlos Baliñas.Unha relación que naceu nas aulas da vella Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela nos anos cincuenta; que continou despois nos lustros en que Otero foi, máis ca nunca, o señor de Trasalba, logo da súa...
    Dispoñible

    22,00 €

  • PELERINAXES. ITINERARIO DE OURENSE A SAN ANDRES DE TEIXIDO
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Ás seis da mañá do luns 4 de xullo do ano 1927, Ranón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey comezaron unha viaxe que os ía levar a pé ao Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Sete días despois, pasando por Viana (preto de Chantada), Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Vilalba, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira, chegaron ao eu destino. En setembro de 1929, e edito...
    Dispoñible

    17,00 €

  • CAMILO NOGUEIRA.PENSAR GALICIA PENSAR O MUNDO(TRASALBA 2016
    VARIOS
    A Fundación Otero Pedrayo recoñece en Camilo Nogueira unha traxectoria de compromiso cunha Galicia nova, ilusionada, a prol da construción de si mesma, dende a liberdade e sen dependencias; un espírito que recolle e continúa a arela que no seu día marcaron os fundadores das Irmandades da Fala e da Xeración Nós.Tamén a súa afouta vocación europeísta. O discurso europeísta de Cam...
    Dispoñible

    22,00 €

  • PARLADOIRO
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Ao mesmo tempo que lle poñía o ramo a obras máis longas, Ramón Otero Pedrayo enviaba aos xornais e revistas textos que, non por breves, teñen menos valor literario. Os mellores deles son unha obra prima. Na segunda metade da década de 1940, no xornal La Noche, os artigos déronlle, ademais, ocasión para volver a escribir no seu idioma. A serie titulada "Parladoiro" e outros escr...
    Dispoñible

    22,00 €

  • LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II OS TEMPOS DA UNIVERSIDADE
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Escritas cando xa levaba uns anos xubilado da súa cátedra compostelá, as memorias de Ramón Otero Pedrayo reconstrúen con man de mestre os ambientes que o acubillan ao longo da súa vida. O Madrid dos anos de formación xorde destas páxinas mediante a evocación dos personaxes que o habitan, dos lugares e feitos que, atravesando as camadas da Historia, son descritos cunha vívida pe...
    Dispoñible

    22,00 €

  • ANTON PULIDO. CANTIGA DE FONTE LIMPA (PREMIO TRASALBA 2015)
    VARIOS
    Na biografía de Antón Pulido encárnase moitos dos valores dunha xeración. A súa actividade antixe a pluralidade do seu oficio: gravador, pintor, deseñador, cartelista, ilustrador de libros, portadista..., ademais de animador de moi diversas iniciativas comprometidas sempre no ámbito da cultura e da nación: galegos e galegas que non estiñan, que continúan, como a fonte primeira ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • RAMON OTERO PEDRAYO. UNHA FOTOBIOGRAFIA 1888-1976
    VARIOS
    Ao longo destas páxinas, os lectores e lectoras do século XXI teñen oportunidade de viaxar por un tempo histórico: a memoria das cousas, ilustrado con documentos gráficos que contextualizan a biografía do Patriarca. Despois del, ninguén con tanta xustificación e tanta uninimidade recibiu semellante tratamento.Otero é un xigante intelectual, unha especie de titán, xunto cos seus...
    Dispoñible

    22,00 €

  • AGUSTIN FERNANDEZ PAZ.NA CASA D ESPERANZA(PREMIO TRASALBA14
    VARIOS
    A Fundación Otero Pedrayo agasalla nesta XXXII edición do Premio Trasalba a literatura para os lectores/as máis novos e o compromiso dos docentes coa lingua. Na mellor tradición galeguista, Agustín Fernández Paz encarna talento e compromiso: un dos creadores máis celebrados dentro e fóra das nosas fronteiras, e toda unha vida dedicada á escola, concibida como ferramenta básica ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • CRISTINA PATO. GALICIA NO FOL (CD+DVD) PREMIO TRASALBA 2013
    VARIOS
    Cristina Pato é unha das nosas artistas con máis proxección internacional. Dende os escenarios de Nova York, dende as carballeiras de Ribadavia ás prazas de Buenos Aires, a luz pasa a través dela coma unha revelación, buscando mellorar en cada chanzo da esqueira.Celebramos un ano máis o encontro de Trasalba, desta volta coa súa música, coa súa maneira de estar no mundo sen ren...
    Dispoñible

    24,00 €

  • ANTIA CAL. SEMENTAR NO FUTURO. PREMIO TRASALBA 2012
    VARIOS
    Recoñecemos a Antía Cal polo seu pulo vital, pola súa intelixencia e talento, pola súa obra, pola súa condición de muller consciente e activa, polo seu traballo como pedagoga nun tempo pouco doado para abrir camiños novos, pola súa capacidade de iniciativa, polo seu espírito de concialiación e o seu compromiso con Galicia...O labor de moitos anos a fronte do centro que fundou e...
    Dispoñible

    22,00 €

  • HISTORIA DUN NENO
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    O señor de Trasalba evoca neste relato memorialístico os seus primeiros pasos ata o ingreso, con nove anos, no instituto de bacharelato. As paisaxes urbanas do seu Ourense natal e as rurais de Amoeiro, os xogos compartidos co seu amigo e veciño Vicente Risco, as primeiras viaxes e os costumes do seu tempo, a carón da lembranza de personaxes famliares e populares, que Otero Pedr...
    Dispoñible

    5,00 €

  • TRASALBA, TERRA LITER. UNHA VIAXE A TRAVES DA OBRA O.PEDRAYO
    ARIAS CHACHERO, PATRICIA
    Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) foi un dos membros máis destacados da Xeración Nós, o proxecto cultural mellor artellado e máis ambicioso da Galicia anterior a Guerra Civil. ...
    Dispoñible

    6,00 €

  • RAMON LORENZO. O SEÑOR DAS PALABRAS (TRASALBA 2011)
    VARIOS
    A impresionante produción académica de Ramón Lorenzo non se pode explicar por puro prurito científico. Lorenzo insírese na gloriosa tradición europea, que remonta polo menos ata o Renacemento, dos filólogos patriotas, grandes eruditos e apaixonados apoloxetas da lingua do seu pobo da súa nación. En todo o que Ramón Lorenzo fai latexa un gran, leal e xeneroso corazón galeguista ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • SABER DE NOS. XOSE RAMON BARREIRO FERNANDEZ
    VARIOS
    Un percorrido pola obra e a biografía dunha das personalidades sobranceiras da moderna historiografía de Galicia. Investigador que, sen renunciar cando procede, á divulgación, centrouse principalmente na Hisotria Contemporánea: ese tempo que vai dende a Ilustración aos nosos días, con atención especial ao século XIX, período de convulsións e, ao mesmo tempo, de profundas mudanz...
    Dispoñible

    20,00 €

  • XOSE MANUEL BEIRAS. COMPROMISO COA TERRA
    VARIOS
    O tempo é un río que nos leva e que nos continúa a todos. A casa común constrúese botando placas sucesivas, levantando esteos que os pais afincan para que termen dos fillos. O discurso de Xosé Manuel Beiras, profesor, pollítico pensador, escritor, fundaméntase nesa tradición, que vén dos Ilustrados, aséntase no rexurdimiento, pasa polas Irmandades da fala e pola Xeración Nós (a...
    Dispoñible

    22,00 €

  • PAISAXE E CULTURA
    VARIOS
    Igual que a lingua constitúe un patrimonio espiritual, a paisaxe concíbese nestas páxinas coma un patrimonio material, produto da cultura dos pobos, "ben de interese cultural", segundo explica no limiar o arquitecto Iago Seara. A Biblioteca de Estudos Oterianos recupera un documento histórico e, ao mesmo tempo, reivindica diante dos lectores a ollada dunha xeración que, inspira...
    Dispoñible

    21,00 €

  • CATALOGO DE PUBLICACIONS SERIADAS BIBLIOTECA R.OTERO PEDRAYO
    SANCHEZ FERRO, PABLO /   / SEOANE BOEDO, X
    Este catálogo recolle o conxunto das publicacións seriadas existentes na Bibloteca da Fundación Otero Pedrayo. Dito conxunto confómanno tanto as publicacións seriadas que Otero Pedrayo reuniu e consultou en vida, como as procedentes de doazóns posteriores, sinaladamente a que fixo Luís Rivaya Riaño. ...
    Dispoñible

    14,00 €

  • DEVALAR DA IDEA, O: OTERO PEDRAYO E IDENTIDADE GALEGA
    PATTERSON, CRAIG
    Nos anos vinte do pasado século, un grupo de intelectuais coñecidos como Xeración Nós comezou, mediante a produción literaria de distintos xéneros e mediante a actividade política, a artellar e a reinterpretar as nocións esenciais da identidade de Galicia logo de varios séculos de represión cultural e de centralismo ...
    Dispoñible

    25,00 €

  • OLGA GALLEGO DOMINGUEZ. O TECIDO DA HISTORIA
    VARIOS
    Olga Gallego foi agulla que guiaba o fío, traballadora xenerosa e constante do labor de non perdernos no camiño, organizadora consciente do patrimonio do patrimonio comúnno que, coma nun espello, nos vemos e nos recoñecemos.Ao seu labor profesional e a súa dedicación ao traballo da documentación e da asquivística, cómpre engadir as súas achegas intelectuais ao coñecemento da hi...
    Dispoñible

    20,00 €

  • FUGA E RETORNO DE ADRIAN SOLOVIO
    VILLARES, RAMON
    Velaquí a construción dun pensamnro. Tamén unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira. ...
    Dispoñible

    11,00 €

  • JOHN RUTHERFORD. MAR POR MEDIO
    VARIOS
    John Rutherford, Inglés de berce e galego de adopción, é a proba viva de que, en cuestións de identidade, sempre é mellor sumar que restar.A súa vida e a súa obra son un exemplo práctico de como é posible concibir un galeguismo en diálogo permanente con outras culturas, que atopa nese diálogo a confirmación da súa singularidade. ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • CHAOS DE AMOEIRO, OS. VIRXILIO
    VARIOS
    A pintura de Virxilio (Ourense, 1925) configúrase coma un dos universos máis orixinais de plástica galega contemporánea poderosamente enraizada (e fecundada) pola consciencia da terra e da identidade. Sen renunciar a si mesmo e ao mundo no que se inspira, a súa mirada enriquécese, e enriquécenos, cunha asimilación intelixente das vangardas e o coñecemento doutros universos esté...
    Dispoñible

    10,00 €

  • CATALOGO DO FONDO ANTIGO DA BIBLIOTECA DE RAMON OTERO PEDRAY
    VARIOS
    Esta catalogación do fondo antigo da biblioteca de Ramón Otero Pedrayo recolle unha parte do material bibliográfico que Otero Pedrayo reuniu e consultou en vida. Ordénanse neste catálogo 76 autores e 136 volumes: 9 do século XVI, 14 do século XVII e 113 do século XVIII. Inclúe aunhas Normas de préstamo de exemplares do fondo antigo para a súa exposición, coa idea de que sirvan ...
    Dispoñible

    13,00 €

  • MILLADOIRO. A GALICIA DE MAELOC. UNHA FOTOBIOGRAFIA (+CD)
    PEREZ PENA, MARCOS S.
    Milladoiro forma parte de nós.Nos últimos trinta anos, en máis de vinte discos, en milleiros de concertos, Milladoiro modernizou e popularizou mundialmente a música galega. Púxolles banda sonora a moitas vidas.Estas instantáneas, retratos da vida dun grupo de música, son tamén dunha memoria gráfica dun país, dun tempo, de todos nós ...
    Dispoñible

    25,00 €

  • DE PORTA EN PORTA
    SIXTO SECO, AGUSTIN
    O lector ten nas súas mans oitenta e dous artigos de intervención.Textos xornalísticos. Anacos de vida, tal e como Agustín Sixto Seco (San Vicente de Meá, Mugardos, 1926-Santiago de Compostela, 2004) entendía a vida: como un compromiso ético e profesional, fundamento social e politicamente no galeguismo. Velaquí a crónica dun discurso que comeza no ano 1977 ("O roubo dunha band...
    Dispoñible

    9,00 €

  • MEMORIA DOS AMIGOS. AGUSTIN SIXTO SECO 1926-2004
    VARIOS
    Agustín Sixto Seco foi un dos grande dinamizadores dos espazos simbólicos da cultura galega.Velaquí a crónica dunha vocación apaixonada.«Gran parte do seu éxito dependeu da súa bohemía, que se contou sempre con todos, sen esixir ningún carné ideolóxico, relixioso ou político». ...
    Dispoñible

    25,90 €


01 02