DIORAMA

DIORAMA

CAROU, JOSE

17,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-921-8
Páxinas:
168
Encadernación:
Bolsillo tapa blanda
Colección:
DOMBATE
17,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

A primeira noite que durmimos na casa do faro, espertei co zunido das hélices na procura de sobreviventes. Os poemas atravesan as idades da luz. Cada verso sae ao rescate proxectando unha ilusión fílmica. Un océano no teito do dormitorio. O zunido das hélices desaparece. Se perdemos a fala, esquecemos a orixe do universo, e deixamos de recender os significados, de debuxar coa voz fotogramas censurados antes de durmir. Volvo abrir Diorama. Comezar a ler obriga a seguir.

Artigos relacionados

  • TRAZO DOBRE
    SANCHEZ ABEAL, PATRICIA
    O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo.Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, despre-ga un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...
    Dispoñible

    14,30 €

  • DISTANCIA DO SECULO, A
    HUETE, ANXEL
    Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. Ánxel Huete (Ourense, 1944) é un referente da pintura abstracta en Galicia. Membro do grupo Atlántica, formouse en cidades como Barcelona, Berl...
    Dispoñible

    17,50 €

  • RIMAS POPULARES DE GALICIA DE MANUEL MURGUIA, AS (ANEXOS BRAG 11)
    RODRIGUEZ GONZALEZ, DIEGO
    Murguía non conseguiu publicar en vida as Rimas populares de Galicia. Estas foron unhas nos primeiros anuncios, outras cando se preparou a edición de 1895, e aínda outras despois, porque hai constancia de que Murguía seguiu traballando nelas. A redacción da obra avanzou sen ningunha clase de traballo de campo; el limitouse a pedir e recoller o que lle enviaban, e tratar de poñe...
    Non dispoñible

    28,00 €

  • TORRES ABOLIDAS, AS (XIII PREMIO POESIA AFUNDACION 2025)
    MIRANDA RUIZ, XOSE
    Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible qu...
    Dispoñible

    19,50 €

  • CORPO DE ANTIOCHIA
    ANDRES, TAMARA
    É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu. ...
    Dispoñible

    13,60 €

  • CELAXE
    FONTEBOA, ALICIA
    Celaxe é neboeiro mais tamén esperanza, anuncio, fulgor.En Celaxe esfiáñanse ceos, corpos, mapas. Celaxe propón un rexistro de voces líquidas, de linguas-paxaro, de silencio pedernal. Celaxe é, sobre todo, un corazón en xerundio. ...
    Dispoñible

    17,00 €

Outros libros do autor

  • LIBRO SECRETO DA FILOSOFIA, O
    CAROU, JOSE
    Atréveste a pensar? Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristóteles? Deixas que Simone de Beauvoir che explique por que “inventou” o feminismo…?Se contestas que si, abre O li...
    Dispoñible

    15,90 €