FEIXE DE FLORES PARA GALICIA

FEIXE DE FLORES PARA GALICIA. UN PROGRAMA HUMANO, ECONOMICO E ECOLOXICO

UN PROGRAMA HUMANO, ECONOMICO E ECOLOXICO

OUTES RUSO, XOSE LUIS

23,85 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-390-5
Páxinas:
260
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ENSAIO
23,85 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.
Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.

Artigos relacionados

  • CONSELLO DE GALIZA, O. POLITICA GALEGA NO EXILIO
    VILLARES, RAMÓN
    Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...
    Dispoñible

    32,00 €

  • TOLAS QUE NON O ERAN, AS (PREMIO LOSADA DIEGUEZ DE INVESTIGACION 2026)
    V. VALIÑA, CARMEN
    Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas g...
    Dispoñible

    17,35 €

  • LITERATURA INSOLITA
    REQUEIXO, ARMANDO
    En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, ...
    Dispoñible

    23,30 €

  • TIRO LIBRE. HISTORIA DO DEPORTE PARA FALAR DE POLITICA
    TORRADO, JULIO
    “Como expresión pura do comportamento, o deporte evidencia de maneira núa como reaccionamos ante as tensións, os retos, os éxitos e os fracasos. Ocorre o mesmo na política”. Esta reflexión serve de escusa para falar, dunha maneira distinta, liviá e en moitos casos anecdótica, das cousas que habitualmente quedan á marxe cando se fala de política no día a día. Dende unha visión i...
    Dispoñible

    22,60 €

  • GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa...
    Dispoñible

    23,55 €

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €