Narrativa galego / FONTAN (PREMIO REPSOL 2015)

FONTAN (PREMIO REPSOL 2015)

FONTAN (PREMIO REPSOL 2015)

CALVEIRO, MARCOS

22,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9865-646-6
Páxinas:
248
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
22,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015
Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

Artigos relacionados

  • INSTRUCIONS PARA TOMAR CAFE
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volumen nun único e engaiolador libro.Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: e...
    Dispoñible

    16,45 €

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos. Na torre da illa de Toralla,...
    Dispoñible

    22,50 €

  • FILLOS DO SOL
    PAZO, CANDIDO
    Elucubración escénica nun acto e un epílogoA cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un octoxenario Eduardo Pondal, corroído pola neurose no devalar da súa vida, enfróntase a medos, dúbidas e insatisfaccións creativas ao redor da obsesión pola súa obra capital, Os Eoas, tendo como interlocutores un personaxe nado da súa perturbación e a noviña criada da pe...
    Dispoñible

    14,30 €

  • LEMBRANZAS DO MEU VIVIR I (O MEU S.XIX.OS TEMPOS INSTITUTO
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa de Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna. ...
    Dispoñible

    25,45 €

  • VENTO FERIDO (BCC)
    CASARES, CARLOS
    A obra literaria de Carlos Casares, unha das máis interesantes da narrativa galega do século XX, iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a souidade e o fatalismo, abrolla xa a mirada orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector ou lectora p...
    Dispoñible

    16,05 €

  • FUTURO IMPERFECTO
    ALONSO DIAZ, XULIA
    Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é ...
    Dispoñible

    20,95 €

Outros libros do autor

  • AGORA QUE VEN A NOITE
    CALVEIRO, MARCOS
    Zoe, tras un grave incidente no instituto, ten que comparecer ante a Fiscalía deMenores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, decideenviala a Vilavedra, unha afastada aldea onde pasará o verán con Primitiva,a madriña da súa nai, unha vella desaborida á que a moza nin estima nin coñece.Nesas xornadas estivais, Zoe madurará e irá descubrindo pouco a p...
    Dispoñible

    14,90 €

  • CURROS & HOLMES NO MISTERIO D'O KAPITAL
    CALVEIRO, MARCOS
    Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, na biblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máis senlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito.Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta Curros Enríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso ...
    Dispoñible

    13,85 €

  • XARDINEIRO DOS INGLESES,O (PREMIO GARCIA BARROS 2017)
    CALVEIRO, MARCOS
    Dispoñible

    24,60 €