GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA. MANUEL RODRIGUES LAPA NA LINGU E NA CULTURA GALEGAS

GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA. MANUEL RODRIGUES LAPA NA LINGU E NA CULTURA GALEGAS

MONTEAGUDO, HENRIQUE

17,80 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-202-1
Páxinas:
158
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ENSAIO
17,80 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

"Á Galiza de sempre, raiz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrígues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollar que Lapa deitou sobre Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialmente despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movementop galeguista, o filólogo portugues demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondencia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboración coa resistencia galeguiosta nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreita relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das Cantigas é testemuño perenne.

Artigos relacionados

  • CONSELLO DE GALIZA, O. POLITICA GALEGA NO EXILIO
    VILLARES, RAMÓN
    Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...
    Dispoñible

    32,00 €

  • TOLAS QUE NON O ERAN, AS (PREMIO LOSADA DIEGUEZ DE INVESTIGACION 2026)
    V. VALIÑA, CARMEN
    Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas g...
    Dispoñible

    17,35 €

  • LITERATURA INSOLITA
    REQUEIXO, ARMANDO
    En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, ...
    Dispoñible

    23,30 €

  • TIRO LIBRE. HISTORIA DO DEPORTE PARA FALAR DE POLITICA
    TORRADO, JULIO
    “Como expresión pura do comportamento, o deporte evidencia de maneira núa como reaccionamos ante as tensións, os retos, os éxitos e os fracasos. Ocorre o mesmo na política”. Esta reflexión serve de escusa para falar, dunha maneira distinta, liviá e en moitos casos anecdótica, das cousas que habitualmente quedan á marxe cando se fala de política no día a día. Dende unha visión i...
    Dispoñible

    22,60 €

  • GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa...
    Dispoñible

    23,55 €

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €

Outros libros do autor

  • ERUDICION E ILUSTRACION. ESTUDOS SOBRE MARTIN SARMIENTO
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), en 2022 viñeron a lume os volumes I e V da Obra de 660 pliegos, que completaban a edición do texto deste oceánico escrito, iniciada en 2008 coa publicación dos volumes II, III e IV. Co gallo de esta efeméride, o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro cient...
    Dispoñible

    20,00 €

  • ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO (BN)
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese das principais liñas do seu pensamento.Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñece...
    Dispoñible

    19,00 €

  • SON DAS ONDAS, O - MENDIÑO, MARTIN CODAX, JOHAN DE CANGAS -
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    O SON DAS ONDAS é unha introducción básica, aínda que completa e sistemática, ó complexo fenómeno que supuxo a lírica galego-portuguesa medieval. O libro dedica unha especial atención os tres poetas da ría de Vigo homenaxeados no Día das Letras Galegas, pero previamente describe o marco cultural e social no que actúan xograres e trobadores. ...
    Dispoñible

    12,00 €

  • ESTUDIOS DE SOCIOLINGUISTICA GALEGA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    ESTUDIOS DE SOCIOLINGÜÍSTICA GALEGA. SOBRE A NORMA DO GALEGO CULTO recolle unha serie de contribucións sobre a estandardización da lingua galega escritas por especialistas e destinadas ó público especializado e ó lector culto interesado. ...
    Dispoñible

    20,65 €

  • IDIOMA GALEGO BAIXO O FRANQUISMO, O. DA RESISTENCIA A NORMA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Dispoñible

    30,80 €

  • RAZONS DO GALEGO, AS. APELO A CIDADANIA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Dispoñible

    23,50 €