GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO II FORO GRIAL

GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO II FORO GRIAL

VARIOS

15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
Páxinas:
160
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
GRIAL
15,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Sociedade, economía e territorio
RAMÓN VILLARES / XOAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA
No contexto da celebración dos 75 anos da fundación de Editorial Galaxia, a revista Grial propúxose realizar varios foros de debate para reflexionar, desde perspectivas temáticas diferentes, sobre o porvir de Galicia e da súa cultura nun futuro próximo, fose a cultura, a ciencia ou a política. Se a fundación da editorial puido considerarse unha aposta para construír un porvir da cultura galega e, por extensión, da Galicia enteira, tres cuartos de século despois é coherente seguir preguntándose por esta obriga. Entre os obxectivos fundacionais de Galaxia estaban analizar o mundo desde Galicia, proxectar a cultura galega cara ao exterior e construír conciencia da identidade de Galicia, todo feito mediante o emprego da lingua galega como vehículo de comunicación e concibindo a cultura como ferramenta de cohesión comunitaria. Aqueles propósitos non caducaron, o que explica que o motivo xeral destes foros sexa o de “pensar cara adiante” a partir da experiencia acumulada.
Os contidos do foro que se publican neste número de Grial ocúpanse de asuntos relativos á sociedade, economía e territorio de Galicia nos vindeiros vinte e cinco anos, despois de que experimentasen profundas mudanzas no pasado recente, como demostrou unha abondosa literatura especializada. Os cambios económicos e sociais non son procesos autónomos, pero polo menos poden entenderse como expresión das mudanzas que experimentou Galicia desde mediados do século XX e que tiveron consecuencias directas na mobilidade da poboación, na súa ocupación laboral e, de forma moi directa, no uso do territorio en canto á súa titularidade e aproveitamentos, pero tamén ao seu abandono, cuxas razóns deben ser analizadas. Malia seren abruptamente transformadas as liñas básicas da sociedade galega, da súa estrutura económica e dos usos do territorio durante a segunda metade do século pasado, todas continúan a ser pedras de toque imprescindibles para deseñar a Galicia futura.
Estes textos que agora se publican van precedidos dunha reflexión de carácter historiográfico escrita por Ramón Villares, enfiadas a propósito dalgunhas iniciativas análogas que, no pasado, tamén se propuxeron pensar ou imaxinar a Galicia futura, nomeadamente na reunión celebrada en 1977 na Universidade de Santiago, en que participaron moitos membros do grupo Galaxia. Non se trata só de comparar, con evidente vantaxe para un observador actual, sobre erros e acertos dos que se propuxeron imaxinar Galicia, senón de chamar a atención sobre os diferentes réximes de historicidade que rexen a concepción do tempo. A posibilidade de anticipar ou pensar o porvir depende da capacidade de distinguir entre pasado e futuro, algo que caracterizou o pensamento moderno desde as grandes revolucións da segunda metade do século XVIII, pero que agora está en curso de profunda revisión. A pesar desta limitación, os participantes neste foro fixeron un grande esforzo por imaxinar un porvir próximo, pero fuxidío.
Das mudanzas e previsións da poboación ocúpase o artigo escrito pola socióloga Antía Pérez-Caramés, que chama a atención sobre a necesidade de entender a demografía galega a longo prazo, para poder anticipar o seu futuro. Tópicos como a tradición migratoria ou o avellentamento atopan nova luz á vista da súa análise, que invita a “desdramatizar” o futuro da poboación galega, que é un tópico máis frecuente do que debería. O pesimismo demográfico presente no discurso mediático e político non ten sustento empírico. Ao tempo, a autora chama a atención sobre a ineficacia das recentes políticas de poboación, que non parecen ter impacto nin na estrutura nin na dinámica demográficas, e, en todo caso, afastan a mirada dos procesos sociais e económicos que inciden en procesos demográficos (principalmente, no relativo ao comportamento migratorio e ás decisións sobre a fecundidade). E insiste en que o único elemento de achega en termos cuantitativos á poboación galega vén da man da inmigración (particularmente daquela de nacionalidade estranxeira) e, por tanto, non se sosteñen nin discursos xenófobos, nin políticas migratorias baseadas nas restricións á instalación no país, nin tampouco aquelas de preferencia étnica (retorno do talento).
Pola súa banda, o texto escrito polos economistas Xoaquín F. Leiceaga e Edelmiro López Iglesias permite comprobar que a historia recente de Galicia foi “un éxito parcial”, dada a converxencia coa contorna española e europea e a súa forte internacionalización, o que non elimina a necesidade de afrontar reformas profundas no inmediato futuro. Os autores establecen a posibilidade da converxencia en renda por habitante con España nun prazo de dez anos, para o que sería preciso elevar a taxa de ocupación (emprego feminino, inmigración), así como a produtividade (especialización máis intensa en actividades de alto valor engadido por unidade de traballo así como un maior peso de empresas competitivas). Os riscos e incertezas esóxenas obrigan a un esforzo acrecentado de innovación e adaptación. Se non queremos volver ser periferia pasiva, cómpre apostar pola xeración de coñecemento avanzado e pola súa aplicación xeneralizada, nos ámbitos privado e público. Tamén pelexar a favor dunha maior integración europea, e por manter, no espazo español, un certo equilibrio entre o respecto á autonomía e a diversidade e a promoción da igualdade e da cohesión, configurando un entorno favorable á cohesión social e territorial e ao desenvolvemento.
Algo semellante acontece no caso do territorio, do que se ocupa o arquitecto Luciano Alfaya, que recoñece que se trata dun sector que precisa non só planeamento e superación de fendas artificiais entre cidade e aldea, senón tamén dun amplo pacto social e político. O autor aborda a pluralidade de figuras urbanísticas que afectan á ordenación do territorio. Galicia ten, a nivel municipal, planeamentos urbanos cunha antigüidade media de máis de vinte anos, formuladas sobre datos e estratexias alleas ás actuais necesidades da sociedade e escasamente preparados para o futuro do noso país. A existencia de instrumentos complementarios, tanto a escala territorial (lei de ordenación do territorio, catálogo de paisaxes, plan do litoral…) como a escala municipal (axendas urbanas, plans de mobilidade…) contradinse co desenvolvemento de estratexias sectoriais que están a implicar decisións irreversibles sobre o territorio. O autor propón así que as figuras de carácter supramunicipal e dinámico teñan cada día maior incidencia na ordenación do territorio de Galicia

Artículos relacionados

  • L. ENSINO: FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALIA DE (ED.TERESA BERMUDEZ)
    Edición de Teresa BermúdezRosalía de Castro naceu muller na Galicia do século XIX e participou dos movementos intelectuais da súa época. Como tal, como muller e como galega, escribiu e reflexionou sobre o mundo que a rodeaba. Para que poidamos comprender a súa obra, neste caso Follas novas, resúltanos polo tanto indispensable establecer as coordenadas históricas, na economía e ...
    Dispoñible

    16,35 €

  • ACTOS DESLEALES FRENTE A LOS PEREGRINOS EN EL CODICE CALIXTINO
    LEMA DEVESA, CARLOS
    Carlos Lema Devesa: Discurso leído el 19 de junio de 2024 en al solemne sesión de ingreso como Académico de Honor. Y contestación del académico de número Darío Villanueva Prieto ...
    Dispoñible

    12,00 €

  • DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANCTO GRAAL
    RISCO, VICENTE
    No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, de inspiración celto-cristiá, que considera como “arte suprema”. E velaí a inspiración para o borrador da Doutrina do Sancto Graal, reivindicación do seu simbolismo: o cáliz, a estrela, o corno, os montes sacros de Galicia…, desde un realismo máxico que lle porá aura á creatividade daquel tempo.Felipe-Senén López...
    Dispoñible

    28,50 €

  • HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA (3ª EDICION)
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Edición ampliadaÉ un estudo que pretende reconstruír as complexas relacións entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempoFundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística. A través das súas páxina...
    Dispoñible

    29,75 €

  • ADELAIDA, HENRIQUE E DEMAIS FAMILIA
    PUENTE DOCAMPO, XABIER
    Este libro conta anacos da vida dunha nena normal, pero non "completamente" normal.Adelaida é tremenda, como din os que a coñecen. Unha rapaza espilida, curiosa e con poderes un pouco estraños. Adelaida ten un bo compañeiro de aventuras no seu curmán Henrique, moi afeccionado a internarse nas fragas e a facer amigos entre os seres que nelas habitan.Por estas páxinas anda tamén ...
    Dispoñible

    13,85 €

  • BASILISA, A PRINCESA SAPIÑO (NA)
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Non sempre o fillo máis novo é quen leva a mellor parte e tampouco todos os sapos son o que parecen.Pero se encontras unha pel que mudou un sapiño, será mellor que o penses dúas veces antes de guindala ao lume. A non ser, claro, que esteas disposto a gastar tres pares de zapatos de ferro. ¿Non o cres? Mira e verás. ...
    Dispoñible

    9,85 €

Outros libros do autor

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO EDITORIAL GALAXIA (PREMIO TRASALBA 2025)
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos […]. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da ...
    Dispoñible

    22,50 €

  • NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCION NOS PRIMEIROS ANOS DE GRIAL
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a ...
    Dispoñible

    21,50 €

  • DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é Dar voz ao teatro galego...
    Dispoñible

    23,50 €

  • RECEITAS DE A VOLTAS CO PRATO, AS
    VARIOS
    Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual!Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A v...
    Dispoñible

    21,50 €

  • CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    VARIOS
    O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura —con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmador...
    Dispoñible

    17,50 €

  • FIOS DE INFANTIL, OS (PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXIA 2016)
    VARIOS
    Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mestras comprometidas coa calidade e a innovación educativas. As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de ...
    Dispoñible

    17,60 €