HOME QUE XACEU AQUI, UN

HOME QUE XACEU AQUI, UN

C. MALVAR, ANIBAL

22,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-1176-135-2
Páxinas:
244
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
22,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Un home que xaceu aquí pode ser moitas cousas e á vez ningunha: unha satírica traxicomedia, unha intriga policial, un axuste de contas cun pasado falsificado, o diario atrapallado dun pretendido sedutor.
O seu incorrecto protagonista, X. M. Bernal, catedrático universitario, dispara as súas balas de ironía a torto e dereito nuns diálogos brillantes mentres fuma, moito, bebe, máis aínda, e procura polo mecanoscrito roubado dunha famosa novela escrita polo que foi o seu sogro. E así, entre interesadas mentiras, replicas afiadas, medias verdades e delatores silencios, o pasado remata por reconstruír e marcar de xeito indeleble un presente desencantado onde a verdade semella un soño inalcanzable. Trinta anos despois reeditamos esta primeira novela de Aníbal C. Malvar, un clásico xa das nosas letras, coa que o seu autor principiou unha brillante carreira literaria

Artigos relacionados

  • NO DIA DO SEU ENTERRO
    PATO, CRISTINA
    A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai.No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
    Dispoñible

    19,50 €

  • DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
    RUVIRA, SOFÍA
    Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
    Dispoñible

    18,80 €

  • APAPACHOA. O CAMIÑO DE SANTIAGO COMO EXPERIENCIA CIMA (PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
    GARCÍA JIMÉNEZ, ENRIQUE
    A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...
    Dispoñible

    17,50 €

  • HUMIDADES, AS (FINALISTA PREMIO ILLA NOVA 2025)
    TOMÉ, ALBA
    A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza s...
    Dispoñible

    22,60 €

  • SON COMA GLACIARES OS BARCOS DE ACEIRO (PREMIO LOSADA DIEGUEZ DE CREACION LITERARIA 2026)
    MENENDEZ, CYNTHIA
    Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sin...
    Dispoñible

    19,00 €