HOTEL CARIOCA (I PREMIO A.CUNQUEIRO NOVELA 2022)

HOTEL CARIOCA (I PREMIO A.CUNQUEIRO NOVELA 2022)

RIVEIRO COELLO, ANTON

26,70 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-049-2
Páxinas:
594
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
26,70 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022
Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza.
Hotel Carioca é unha novela múltiple que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.

Artigos relacionados

  • NO DIA DO SEU ENTERRO
    PATO, CRISTINA
    A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai.No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • MISERIA, A (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2026)
    QUINTIÁ, XERARDO
    No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta novela de fonda sensibilidade humana, o pe...
    Dispoñible

    17,10 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
    Dispoñible

    19,50 €

  • NACIONAL 547 (PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2026)
    DE CEA, XOSÉ
    Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, i...
    Dispoñible

    19,80 €

  • DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
    RUVIRA, SOFÍA
    Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
    Dispoñible

    18,80 €

  • APAPACHOA. O CAMIÑO DE SANTIAGO COMO EXPERIENCIA CIMA (PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
    GARCÍA JIMÉNEZ, ENRIQUE
    A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...
    Dispoñible

    17,50 €

Outros libros do autor

  • ELEFANTES DE SOKÚROV, LOS (MM ESP)
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    La protagonista de la historia es Janis, una mujer de treinta años y un expediente académico ejemplar que espera por una convocatoria para las oposiciones a la enseñanza. Janis desayuna todas las mañanas en una cafetería de la zona vieja de Santiago de Compostela, donde un desconocido escribe y lee sin descanso. Un día, el desconocido desaparece. A partir de ese acontecimiento,...
    Dispoñible

    23,00 €

  • LAURA NO DESERTO (BRC)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Primavera de 1982. Diana bate en Barcelona cunha carta que ispe a memoria familiar. En Compostela, un intelectual enfermo, empurrado pola morfina, espétalle ao seu fillo unha frase que garda un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, mira de coidar do seu amigo Bernie, que probou o suicidio. Nun psiquiátrico, unha muller leva meses sen pronunciar máis palabra que o mu...
    Dispoñible

    29,55 €

  • ABANDONOS, OS (BRC)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas. Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión d...
    Dispoñible

    16,50 €

  • ELEFANTES DE SOKUROV, OS
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Premio Fervenzas Literarias 2015 ao Mellor Libro de NarrativaNa súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha t...
    Dispoñible

    26,10 €

  • DIAS DE INTEMPERIE
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personax...
    Dispoñible

    16,45 €

  • ACORDES NAUFRAGOS
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Este libro recolle nove relatos escritos en diferentes épocas da vida do autor.Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén len...
    Dispoñible

    16,45 €