QUEIPO,XAVIER
Velaquí unha novela de aventuras que comeza en Europa (Bruxelas, Compostela, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descuberta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo.