PATO, CHUS
Quen lea un libre favor hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación de apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade.