LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS, A

LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS, A

VEIGA, MANUEL

15,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-200-7
Páxinas:
112
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ENSAIO
15,60 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.
Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura.
Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal da nosa literatura recente. Falamos dalgunhas das correntes principais e das súas limitacións, e analizamos o esforzo dalgúns autores e autoras por superar os límites convencionais.
A conclusión é que, a pesar da magreza de público, a literatura galega está viva. Pero, descubrir as súas claves e os seus eixes primordiais, non sempre é fácil.

Artigos relacionados

  • TOLAS QUE NON O ERAN, AS
    V. VALIÑA, CARMEN
    Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas g...
    Dispoñible

    17,35 €

  • TIRO LIBRE. HISTORIA DO DEPORTE PARA FALAR DE POLITICA
    TORRADO, JULIO
    “Como expresión pura do comportamento, o deporte evidencia de maneira núa como reaccionamos ante as tensións, os retos, os éxitos e os fracasos. Ocorre o mesmo na política”. Esta reflexión serve de escusa para falar, dunha maneira distinta, liviá e en moitos casos anecdótica, das cousas que habitualmente quedan á marxe cando se fala de política no día a día. Dende unha visión i...
    Dispoñible

    22,60 €

  • GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa...
    Dispoñible

    23,55 €

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €

  • LITERATURA INSOLITA
    REQUEIXO, ARMANDO
    En Literatura insólita recóllense artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, a precocidade e lonxevidade literarias, sobre mortes novelescas, traizóns póstumas, curiosidades a propósito dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros, exóticos, misteriosos e mesmo prohibidos, ...
    Dispoñible

    23,30 €

  • SER HUMANOS (PREMIO RAMON PIÑEIRO DE ENSAIO 2024)
    CASAL VALIÑO, PILAR
    A estendida idea de que a intelixencia artificial e a máquina van conquistar o mundo, lévanos aos seres humanos a unha posición de derrota. O medo fainos pensar que temos que funcionar como máquinas, desenvolver capacidades maquinais. Por que non adoptar unha postura máis activa e valente: a de ser máis humanos? O obxectivo deste ensaio é abrir o debate, invitar ao diálogo e á ...
    Dispoñible

    24,25 €

Outros libros do autor