NEIRA, MANUEL XOSE
O MAR PERDIDO recolle unha escolma dos poemas que o autor foi escribindo ó longo da última década, é dicir, a producción que abrangue a obra realizada entre os dezaseis anos e os vinteseis. Trátase, segundo palabras do prologuista, dunha meditación sobre a memoria mítica, engarzada na memoria persoal, que lembra vagamente o Absoluto ou a súa necesidade. Cargado de melancolía, o poeta síntese desamparado, expulsado dese "labirinto luminoso" que é a nenez.