VISO SOTO, MARGARITA
José Baldomir Rodríguez (1865-1947) é, xunto a Marcial de Adalid (de quen foi discípulo), Juan Montes, Pascual Veiga e Juan José Castro «Chané», un dos compositores históricos máis importantes de Galicia. Eles son os precursores da nosa música xa que contribuíron coa súa obra de forxar un patrimonio musical galego que arraigou no pobo e axudaron notoriamente a divulgar, a través das súas melodías, a poesía dos nosos poetas.