BUENO GÓMEZ, NOELIA
As coplas do comandante Moreno son un romance novo que recorda a morte, torturas e enterramento clandestino, polos falanxistas da Fonsagrada, dun grupo de milicianos republicanos que cruzaban o porto do Acevo en retirada, despois da caída do fronte republicano en Asturias en 1937. Este libro recolle un traballo de investigación etnolóxico, xeográfico (en colaboración con Salvador Beato Bergua) e filosófico sobre estas coplas, entendéndoas como unha expresión de memoria colectiva e resistencia/acción poética que apunta á estética e a política propia do campesiñado fonsagradino e dos concellos circundantes. A reconstrución dos feitos e a identificación do autor das coplas, Daniel Álvarez Ferreiro (de Reboiro de Ferreirous), combínase cunha reflexión sobre a memoria colectiva, o esquecemento e o silencio, as estratexias campesiñas de resistencia, a violencia e la liberdade.