MERLIN E FAMILIA (BAC)

MERLIN E FAMILIA (BAC)

CUNQUEIRO, ALVARO

16,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-485-8
Páxinas:
148
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BIBLIOTECA ALVARO CUNQUEIRO
16,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.
Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.

Artículos relacionados

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • VIDA A ARDER, A
    PEREZ, ABRAHAM
    Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto… Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escrito...
    Dispoñible

    18,50 €

  • PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025)
    PALLARES VILAR, NEREA
    Premio García Barros 2025Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo...
    Dispoñible

    16,90 €

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    25,40 €

  • TRIQUIÑONS. 18 DIAS A SOMBRA. DUAS NARRACIONS INEDITAS
    RUIBAL, JOSE
    No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX.Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén perseguiu...
    Dispoñible

    20,50 €

  • ARGONAUTAS NO LABIRINTO (III PREMIO DE NOVELA CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
    GARCIA CALDERON, FERNANDO
    Un día, ao espertar, Argus descobre que perdeu a memoria. Con paciencia e enxeño, emprende a aventura de recuperala, acompañado en tan complicada empresa de Runa e Rodri, os seus dous Erres favoritos.Os seus descubrimentos e confidencias fortalecerán a amizade do trío, de par que lles abrirán a porta a unha exploración do Camiño de Santiago ateigada de enigmas, onde as construc...
    Dispoñible

    26,00 €

Outros libros do autor

  • OUTROS FEIRANTES, OS (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Semblanzas de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo ...
    Dispoñible

    20,10 €

  • COCIÑA GALEGA, A
    CUNQUEIRO, ALVARO
    oa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador quedemostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo, aos lectores e lectoras do século XXImoitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galegoe, por extensión, tamén da súa sociedade.O segundo volume desta colección conmemorativa é A cociña galega, de Álvaro...
    Dispoñible

    21,00 €

  • ESCOLA DE MENCIÑEIROS (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    A primeira edición deste libro é de 1960; dende aquela non deixou de engaiolar lectoresLibro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sand...
    Dispoñible

    16,20 €

  • XENTE DE AQUI E DE ACOLA (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Xente de aquí e de acolá é un conxunto de retratos que compoñen unha visión das nosas xentes e dun tempo. O retrato foi un dos xéneros que Cunqueiro cultivou con máis acerto.Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro cultivou con gran mestría e acerto foi o retrato. Personaxes con vida propia coma o picapreitos Somoza de leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte con...
    Dispoñible

    20,10 €

  • DON HAMLET E OUTRAS PEZAS TEATRO GALEGO COMPLETO 1932-1968
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Álvaro Cunqueiro, desde a peza Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet, cume da escritura cunqueirá.A expresión dramática sobarda o teatro tradicional, desafía a convención, e fai da imaxinación, do soño e do mito, unha proposta lúdica que atravesa toda a obra literaria do escritor mindoniense. ...
    Dispoñible

    20,05 €

  • MUNDO E OUTRAS VESPERAS, O. COLABORACIONS EN EL PUEBLO GALLEGO (1932-1936)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    Álvaro Cunqueiro, cultivador dos máis variados xéneros literarios, tivo como profesión a de xornalista.Sabida a importancia indiscutible da súa obra e das súas posibilidades estéticas e temáticas, este volume quere reivindicar a produción aparecida en El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936, de capital importancia para a configuración e comprensión da obra cunqueiriana como poeta, ...
    Dispoñible

    21,00 €