MONXA E O GRUMETE, A

MONXA E O GRUMETE, A

PARDO DE NEYRA, XULIO

20,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-9151-974-4
Páxinas:
222
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
20,55 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun relato propiamente rescatado da memoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naqueles fragmentos e imaxes que non o son.
Unha crónica da Galiza rural e escura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres das persoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes, e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz do seu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda serve para que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pinta todas as cores do arco da vella.

Artigos relacionados

  • OVERSIZE
    BOENTE, MARTA
    A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...
    Dispoñible

    18,10 €

  • DO SANTO LUCAS Ó SAN XOHÁN. ONCE HORAS COMPOSTELÁNS
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Desde a editorial queremos promover unha campaña de prevenda deste libro en todas as librerías que teñen o servizo de novidades, pola que Galaxia asumiría un 5% a maiores en todos os pedidos que reciba entre o 10 de decembro e o 21 de xaneiro.Estes pedidos teñen que ser en firme, ou sexa, non terán dereito a devolución.Se é do voso interese, só tedes que poñer a vosa campaña a ...
    Dispoñible

    21,40 €

  • OBRA DRAMÁTICA INÉDITA EN CASTELÁN. CLARA-HELENA-LA MADRESELVA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Manuel F. Vieites achéganos tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero Pedrayo —Clara, Helena e La madreselva — escritos en castelán, onde, cando menos un deles, antecede o comezo da súa carreira literaria en lingua galega, cara a1929, e supoñen o inicio da súa traxectoria como escritor. ...
    Dispoñible

    18,50 €

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    26,10 €

  • MULLER DE MENTIRA, A (PREMIO GARCÍA BARROS 2026)
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.Premio Garcí...
    Dispoñible

    16,50 €