LOPEZ CASANOVA, ARCADIO
NOITE DO DEGARO é un novo banzo na complexa e rica traxectoria poética de Arcadio López-Casanova, unha das voces líricas galegas que teñen alcanzado máis amplo e unánime recoñecemento. Este libro supón, na súa máis íntima articulación, un afondamento na poética que deu orixe a Mesteres e a Liturxia do corpo, poemarios tan diferentes na súa tonalidade como vencellados pola contiunidade da súa cosmovisión.