NON CREO EN MAIS VIDA CA ESTA

NON CREO EN MAIS VIDA CA ESTA

FERNANDEZ, J.BENITO

18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-531-2
Páxinas:
280
Colección:
LITERARIA RONSEL
18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo, quen repasa a súa propia traxectoria. Desgarrada purga da memoria do narrador. A escritura como ferramenta introspectiva. O drama humano do éxodo rural e a emigración. Sofren desarraigamento, deixan atrás a pobreza en busca dun soño, pero teñen desigual sorte na procura de fortuna ou sinxelamente en mellorar. A expulsión do Paraíso en busca de El Dorado. Se o exilio foi duro, a emigración non o foi menos. Regresar en peores ou iguais condicións que se marcharon era unha humillación. Antes de volver, algúns preferiron morrer de indixencia na terra de acollida. Falsa novela, falsas memorias, autoficción, memoria novelada? Ficción baseada en feitos reais.

Artigos relacionados

  • PERO...COMO MORREN AS PEGAS? (V PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2023)
    M. GUZMAN, OSCAR
    V Premio de Novela Vilar Ponte 2023Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto.Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inef...
    Dispoñible

    21,05 €

  • PERDER O NORTE (IX PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2025)
    QUIROGA, MARIA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    Dispoñible

    19,00 €

  • ORELLA NO BURACO, A
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea.Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade do momento, o que a converte nunha da...
    Dispoñible

    14,60 €

  • EU SON DE AQUI E DE ALA
    ANDRES, TAMARA
    Eu son de aquí e de alá vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu de a cabalo entre Valencia e Galicia, e que na España do século XX cultivou unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de diferentes persoas convertidas aquí en personaxes, Tamara Andrés comparte a súa indagación arredor dunha autora alófona e migrante.É esta unh...
    Dispoñible

    15,50 €

  • NAILIA (PREMIO TORRENTE BALLESTER NARRATIVA LINGUA GALEGA 2024)
    RODRIGUEZ RODRIGUEZ, LOLI
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024. Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón.Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos a...
    Dispoñible

    21,70 €

  • MAZARELOS
    PORTAS, MANUEL
    Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados prepa...
    Dispoñible

    22,00 €