Narrativa galego / OLLOS DE AUGA

OLLOS DE AUGA

OLLOS DE AUGA

VILLAR, DOMINGO

22,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9151-197-7
Páxinas:
248
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
22,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos. Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.

Artigos relacionados

  • DOUS DE SEMPRE, OS (BC)
    CASTELAO
    Os dous de sempre conta a historia de Pedriño e Rañolas, personaxes que xa forman parte do herdo literario galego e representan maneiras opostas de afrontar a vida. Publicada en 1934, a novela destaca polo alento humorístico coa que está escrita e pola simpatía que ambos protagonistas chegan a suscitar no lector. Unha metáfora universal inspirada na visión crítica do pobo galeg...
    Dispoñible

    19,10 €

  • ÁLBUM DE GARRINCHA, O
    MACEDA ABELEIRA, BEATRIZ
    Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • LEI DAS ÁNIMAS, A. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA
    G.REIGOSA, CARLOS
    O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga si...
    Dispoñible

    20,55 €

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

Outros libros do autor

  • PRAIA DOS AFOGADOS, A
    VILLAR, DOMINGO
    Finalista do International Dagger Prize 2011 Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009 Premio Losada Diéguez de Creación Literaria Premio Brigada 21 de novela negraDespois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, d...
    Dispoñible

    23,65 €

  • ULTIMO BARCO, O
    VILLAR, DOMINGO
    A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera...
    Dispoñible

    24,60 €

  • SIBARIS
    VILLAR, DOMINGO
    Un agasallo literario.Tes nas mans a obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada e que entregou a Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa nun bloqueo creativo dende hai anos.Sobre todo é unha obra moi divertida, como era o seu autor. Así, co fino sentido do humor que Domingo destilaba, desfilan pola escena as...
    Dispoñible

    16,40 €

  • ALGUNS CONTOS COMPLETOS
    VILLAR, DOMINGO
    «Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte»"Este libro de contos pretende celebrar a vida e a amizade nun encontro, como nas nosas reunións de amigos, entre os meus pequenos relatos e os marabillosos linogravados de Carlos Baonza"Linogravados de Carlos Baonza ...
    Dispoñible

    21,70 €